
ÉXITO DE VENDAS NOS COMERCIOS QUE SAIRON Á RUA E AMPLIARON HORARIO DURANTE O CONCURSO
ÉXITO DE VENDAS NOS COMERCIOS QUE SAIRON Á RUA E AMPLIARON HORARIO DURANTE O CONCURSO
Este concurso ten un importante compoñente de motor económico e social para as pequenas empresas e comercios de Arteixo, xa que os veciños e visitantes coa sua participación contribuen á dinamización económica do pobo, a manter os empregos da vila e a actividade e vida social nas rúas.
Aparte da venda das tapas, lóxicamente xenérase máis consumo tanto na hostalaría coma no sector servizos e no comercio do pobo. Os grupos de público e consumidores do concurso, móvense polas rúas do pobo, dun establecemento a outro, visitan locais novos, no seu camiño pasan por diante de comercios, lembran necesidades, disfrutan de escaparates, descobren tendas que non coñecían, etc., o cal redunda nunha maior familiaridade do consumidor co pobo e co seu tecido urbán, comercial e de servizos.
Como NOVIDADE NESTA EDICIÓN probouse a apertura en horario especial ampliado por parte de varios comercios no centro do pobo, sacando ademáis á rúa, parte os seus productos e mellores ofertas. Estes comercios abriron ao público, a maiores do seu horario habitual:
VENRES ata as 22 horas
SÁBADO de 19 a 22 horas
DOMINGO de 12 a 14 horas
Avda do Balneario: TRISCOS, MEBÁ, CASUAL KIDS, REBULIR
Rúa Canónigo Cándido Varela: PERFUMERÍA MARUXA, CORRECAMIÑOS
A iniciativa tivo n grande éxito xa que gozou de moi boa acollida entre os clientes que disfrutaron curioseando na propia rúa, beneficiáronse de estupendas ofertas e aproveitaron vcalquera momento para as suas compras. Para os comerciantes o esforzo de traballo durante esta fin de semá nas tarde-noites de venres e sábado e mesmo o domingo pola mañá, pagou a pena, vistas as boas vendas realizadas.