Quiroga de Tapas

Quiroga (LUGO)
splash

Información del concurso

PREMIOS:

- 300 Euros en metálico

- Estancia e almorzo para dúas persoas en Hospedería Ferrería Quintá (Quiroga)

- Xantar ou cea para dous en Casa Ferreiro (Seoane do Courel)

- Parrillada de carne para dúas persoas en Parrillada Torres (Quiroga)

- Xantar ou cea para dous en Chapakuña 3 (Quiroga)

- Estancia na Aldea Rural “O Busto” para cuatro persoas (Pobra do Brollón)

- Almorzo completo para dúas persoas en Chokolat (Monforte)

- Xantar para dous en Tapería Brancellao (Monforte)

- Unha cea para dous en Garden Monforte - Cocktail Bar e Restaurante

- Produtos típicos de Quiroga: Atrium Vitis, Caurelor, Cervexa Curriña, Deiki, Don Cosme, Lar de Ricobao, Porvide e Rego Natura.

 

 

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

BASES:

Primeira: O establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, sendo os seus ingredientes de libre elección, a un prezo de venda ó público de 1,50 €uros. A TAPA OFERTADA DEBERÁ TER UNHA CANTIDADE E CALIDADE EQUIVALENTE A 1,50 €uros. Ademais, é obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca de Quiroga.

Segunda: Pechado o prazo de inscrición, o Concello difundirá o listado dos establecementos participantes mediante cartelería, a través da páxina web municipal www.concellodequiroga.com, facebook, radio e televisión de Quiroga. Asimesmo , distribuirá nos locais participantes cartillas de votación "tapacartóns" e "tapacupóns", a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademais, en tódolos establecementos participantes, estarán situadas urnas oficiais de votación.

Terceira: A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 11 ó 19 de abril de 2019 en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas. Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto nun lugar visible o cartel anunciador do concurso, facilitado polo Concello. en dito cartel estarán indicados os nomes dos establecementos que concursan.

Cuarta: Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento de ser o tapacartón ou en calquera libre de ser o tapacupón, non se pode repetir selo do establecemento noutra casilla, si xa estivera cuberto o tapacartón ou tapacupón, o local ten a obriga de darlle outro, e así o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ou tapacupón ó premio.

Cando o establecemento non dispoña da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón ou tapacupón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.

                Cando o cliente complete a degustación de tódalas tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón, e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso situadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 23:00 horas do 19 de abril.

Quinta:  Non será válido ningun tapacartón que non conteña os seguintes datos:

                - Selo de todos os establecementos participantes.

                - Voto, escrito de forma lexible.

                - Nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.

                Non será válido ningun tapacupón que non conteña os seguintes datos:

                - Selo de algúns establecementos participantes ata completalo.

                - Voto, escrito de forma lexible.

                - Nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto

 

Sexta:    O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, os seguintes criterios de valoración:

                - Presentación e innovación.

                - Gusto, sabor, texturas e aromas.

                - Calidade dos ingredientes.

 

Sétima: O Concello, a través do seu técnico en xuventude, recollerá as urnas o 22 de abril de 2019. Non será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto.

Oitava: O VIII concurso "Quiroga de Tapas" fallará-se as 12:00h do 24 de abril de 2019 no Salón de Plenos do Concello de Quiroga. A resolución do concurso será inapelable.

             O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica.

             O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación.

             Esa mesma mañá, entre as cartillas de votación realizará-se o sorteo público para os participantes no concurso que gañaran diferentes premios.

Novena: A participación na VIII Edición do Concurso "Quiroga de Tapas" implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

 

Décima: O incumprimento dalgunha cláusula suporá a descualificación do establecemento.