Cuntis 2017

Cuntis (Pontevedra)

CAFLOUTIS DE LACÓN E GRELOS

tapa

Ingredientes: ovos, fariña, leite, nata, queixo relado, grelos, lacón, sal, pementa negra e aceite de oliva.

Elaboración: Co forno prequentado a 210 graos, preparamos e cortamos os grelos en anacos e salteamos un pouco co lacón cortado tamén en anacos. Retiramos e reservamos. Facemos a masa: poñemos a fariña, o leite, a nata e os ovos e mesturamos todo ata facer unha crema. Engadimos o queixo, a sal e a pementa e mesturamos todo. Nun molde colocamos os grelos e o lacón, cubrindo o fondo, recheamos coa crema e metemos no forno.