Ruta de Tapas

Do 20 ao 22 de decembro do 2019, ambos os dous incluídos.
O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 20 de decembro.
O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 23:00 horas, a excepción do día 22 de decembro (domingo) que será ata as 15:30h.
A XII edición do Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou.
Del 27 de septiembre al 6 de octubre de 2019
VIII Edición do concurso de pinchos “Pinchos da Miña Terra” organizada pola Asociación Celanova Chea, e ca participación dos principales establecementos hosteleiros da nosa Vila. 2 fins de semana para degustar sabores, participar como xurado popular, gañar premios e disfrutar... onde o mundo se chama Celanova. Ven e disfruta dunha Celanova CHEA.
A orixe dun costume en ocasións é tan funcional que o esquecemos. Así,o tapeo naceu aló pola Idade Media onde nas tabernas e mesóns se tapaban os vasos de viños cun anaco de pan ou lasca de xamón para evitar que as moscas se mergullaran na bebida ou mesmo que perderá o seu arume, popularizándose a mediados do século XX nos nosos bares, onde se converteu nunha tradición de relación sociais da veciñanza.
Ribadeo de tapeo, con catorce anos de historia, supuxo a evolución dos ingredientes que dende o seu inicio configuraban as tapas, cun toque de sofisticación que nos permite degustar pequenos bocados cun variadísimo repertorio de ingredientes e elaboracións, que nada teñen que envexar á alta cociña.
Se todo isto o aderezamos co enxeño e o traballo da hostalería ribadense, acádase un produto máxico, presentado en pratos de amizade e bo ambiente onde ribadenses e visitantes réndense aos praceres culinarios durante once días.
Pero, ante todo, o que se persigue é plasmar unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas súas orixes, e onde a materia prima é protagonista principal.
Ana María Martínez
Concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
QuedamosdeTapas