Cuntis 2017

Cuntis (Pontevedra)

ROSBIF DE PORCO RECHEO DE LACÓN E CREMA DE VERDURAS CON GUARNICIÓN DE MAZÁ ASADA E CONFITADA

tapa

Ingredientes: raxo, lacón, pementos de piquillo, grelos, nata, cebola, allo, tomate, ourego, cervexa, tomiño e pementa.

Elaboración: Abrimos o raxo como un libro, rechéase con lacón e pementos de piquillo. Atamos e doramos na tixola, despois quitamos e metemos nunha pota con cebola, tomate, allo, cenoria e cervexa. Unha vez feito quitamos.
Preparación da salsa: cocemos os grelos e trituramos. Despois botamos nunha pota cunha cebola, tres patacas, aceite, sal, pementa, tomiño, 1 litro de caldo de verduras e nata.