Cuntis 2017

Cuntis (Pontevedra)

SAQUIÑOS DE LACÓN E CREMA DE GRELOS

tapa

Ingredientes: pasta filo, pataca, lacón, manteiga e sal
Crema de grelos: grelos, patacas, cebola, allo, auga, aceite e sal

Elaboración:
Preparación da crema: picamos allo e cebola e sofritimos en aceite. Cocemos as patacas e os grelos. Mesturamos todo e facemos a crema.
Preparación dos saquiños: cocemos as patacas e o lacón. Cortamos en anaquiños e facemos un puré coas patacas e mesturamos todo. Cortamos unha folla de pasta fío en catro, untamos coa manteiga. Botamos unha cullerada do puré, pechamos como unha bolsiña e atamos con ceboliño. Colocamos os saquiños nunha bandexa de forno e metemos durante 20 minutos. Sacamos e colocamos nun prato cunha pouquiña crema de grelos.