CHURRASCO DE PORCO GUISADO AO BRANDY

tapa

Ingredientes:
Costela de porco, patacas, allos, aceite, brandy, pementón, ourego, tomiño, romeu, perexil, loureiro, sal e pementa
Elaboración:
Machucamos os allos, o perexil e o loureiro, engadimos o tomiño, o ourego, o romeu e aceite, aderezamos coa sal e a pementa.
Botamos esta mestura as costelas e deixamos macerar de 3 a 4 horas. Despois metémolas no forno 2 horas a lume forte.
Pelamos en anacos as cebolas e as patacas.
A media cocción das costelas, engadimos as cebolas, as patacas e o brandy.