Gale-Tapa 2018

Cuntis (Pontevedra)

"CUBIL DO XABARIL"

tapa

Ingredientes: xabaril, cebola, pemento vermello, cenoria, allos porros, tomiño ou ourego, perexil, sal, viño tinto, fariña e aceite.
Elaboración: cortamos a carne en anacos e adobamos con allo, perexil e sal. Poñemos nunha cazola e engadimos por riba todas as hortalizas ben picadas, un pouco de tomiño e ourego, o viño tinto e aceite, deixamos macerar dous días, remexendo de vez en cando.
Nunha cazola, e previamente enfariñada a carne, fritimola e engadimos as hortalizas da maceración xunto co viño e deixamos cociñar a lume baixo, aproximadamente duas horas.