imagen noticia

ESTABLECEMENTOS GAÑADORES DOS PREMIOS Á MELLOR TAPA

ESTABLECEMENTOS GAÑADORES DOS PREMIOS Á MELLOR TAPA


Por vez primeira nas 9 edicións que levamos de Concurso, temos 2 bares gañadores, un por  votación do xurado popular coma sempre, e outro polas valoracións dun xurado profesional


MELLOR TAPA – XURADO POPULAR: SABOR AGREDOCE, do local 40 y Tantos.  


 Lombo de Porco con Salsa de Laranxa, con cama de pataca panadeira e bañado con cebola caramelizada .


MELLOR TAPA – XURADO PROFESIONAL: MAR DE FÓRA, do local Bata de Guata.


 Taco Asiático de Langostino e Panceta Ibércia, con Salsa Tártara, Salsa Americana, Cilantro e Menta.


           


 O xurado profesional estivo integrado por 3 formadores do mundo da hostalaría:


- MILY LÓPEZ POMBO, profesora de cociña no Concello de Arteixo dende hai 17 anos, e formadora profesional en varios centros de Galicia, Arxentin, Uruguay e Alemania.


- MIGUEL GARCÍA SILVARREDONDA, Profesor de Hostalaría no CIFP (Centro Integral de Formación Profesional) do Paseo das Pontes e impulsor de varias cociñas en Galicia ao longo da sua traxectoria profesional.


Dende o Arteixo Centro Comercial Aberto, organizador do concurso, e no nome de todos os participantes, damos as grazas a estos membros do xurado que de xeito totalmente altruista colaboraron con esta actividade que contribúe á dinamización scial e económica do pobo e dos negocios e empregos do mesmo.


O premio para os establecementos gañadores son 150 € para cada un, en vales de compras para os establecementos do CCA, xunto cun Diploma e un Trofeo conmemorativos.


Como dato, os 3 locais mellor valorados polo xurado profesional foron:


1.- Bata de Guata


2.- Arume Arpado


3.- Hamburguesería Ivi.


O xurado popular valorou, por número de votos, como as mellores tapas a:


1.- 40 y Tantos


2.- Castelao


3.- Arume Arpado


Aínda que podemos destacar que seguidos por moi poucos votos por outros 3: Café de Fábula, Bajo 13 e La Ventana.


 


Na aplicación móbil “Quedamos de Tapas”, vemos tamén reflexadas estas preferencias e o igualadas que están en canto a adeptos xa que varias das tapas teñen a mesma puntuación, e nas 5 primeiras atopamos tamén a:  Café de Fábula, Bajo Trece, La Ventana, 40 y Tantos, e O Petisco.


- CARMELO SANJORGE, profesor do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e cunha longa traxectoria como chef en distintas cociñas de España.