imagen noticia

MEMBROS DO XURADO PROFESIONAL DA IX Edición do Concurso DE TAPAS POR ARTEIXO

Nesta IX edición, teremos ADEMÁIS DO XURADO POPULAR, tamén un XURADO PROFESIONAL, e daremos, pois, 2 premios as mellores tapas. O xurado popular coñécese polas ruas e os bares, pero ao profesional ímosvolo presentar aquí e darlles as grazas dende agora mesmo pola súa axuda. Serán:


- MILY LÓPEZ POMBO, profesora de cociña no Concello de Arteixo dende hai 17 anos, e formadora profesional en varios centros de Galicia, Arxentin, Uruguay e Alemania.


-MIGUEL GARCÍA SILVARREDONDA, Profesor de Hostalaría no CIFP (Centro Integral de Formación Profesional) do Paseo das Pontes e impulsor de varias cociñas en Galicia ao longo da sua traxectoria profesional.


- CARMELO SANJORGE, profesor do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e cunha longa traxectoria como chef en distintas cociñas de España. Grazas pola vosa axuda.


Eles probarán as 19 tapas durante esta fin de semá e sabemos que o terán difícil, pero ... decidirán tamén cal é a mellor tapa para eles. Eso sí, O ‪#‎SORTEO‬ DE 300 €, é só para o XURADO POPULAR formado polos clientes que emiten o seu voto cada 4 tapas!!