Ruta de Tapas

O Carballiño (Ourense)
imagen noticia

Comezo nova Ruta de Tapas en O Carballiño con novos premios e temáticas

Comeza este venres unha nova edición da Ruta das Tapas con máis locais asociados e o sorteo de dúas viaxes de fin de semana a Xixón e Oporto. 


 


Coa novidade da incorporación de máis 


establecementos hostaleiros adheridos, ata un total de dezaséis, e o sorteo de dúas viaxes de fin de semana a Xixón e Oporto, presentouse este mediodía unha nova edición da Ruta das 


Tapas, que comeza este venres, 1 de novembro, co lema “Sabores de Outono”.


 


Os establecementos participantes son Bar Estate Quieto, Pulpería-Tapería Plaza, Café Bar El Caserío, Parrillada San Andrés, Café Bar Ningures, Roraima Cafetería, Vlad Dracul, Pastelería Briochi, Casa Pituxo, Bal Soldado, Cafetería Loft 27, Cafetería-Tapería Don Paco, Pulpería A Fuchela, Casa Gazpara, Patio-Bar Ernesto e Copetín.


 


Nestes establecementos poderán degustarse os primeiros e segundos venres de cada mes tapas ao prezo de 2 euros. Este venres, e o seguinte, con cada consumición entregarase unha papeleta para o sorteo de dúas viaxes: unha a Xixón, que inclúe pernoctación e o xantar do sábado e do domingo nos restaurantes-pulperías A Feira e Terra Meiga; e outra a Oporto que inclúe pernoctación e almorzo.


 


O sorteo celebrarase no acto de presentación da Ruta do mes de decembro. 


 


Colaboran Concello do Carballiño, Centro Comercial Aberto, Adega Pazo Tizón, Pulperías A Feira e Terra Meiga.


 


O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, agradeceu a colaboración dos establecementos e 


animou a participar á veciñanza, lembrando as novidades con respecto ás pasadas edicións.


 


Pedro Paz, propietario da Adega Pazo Tizón, amosou o seu orgullo por colaborar con esta iniciativa desde o principio, e adiantou que está xestionando unha viaxe a Cuba dunha semana para incorporar como premio a unha das rutas desta tempada. Asimesmo, destacou os múltiples galardóns obtidos pola adega Pazo Tizón, da que dixo producía un dos mellores viños do Ribeiro.


 


Noelia Mares, xerente do Centro Comercial Aberto, destacou a orixinalidade e calidade das tapas, e recordou que poden verse descargando a APP “quedamosdetapas”. Finalmente, xunto 


cos representantes dos locais hostaleiros, animou a degustar estas propostas gastronómicas da hostalería carballiñesa.