Ruta de Tapas

O Carballiño (Ourense)
imagen noticia

Tapas de Decembro adicadas a productos do Nadal

Os sabores do Nadal protagonizan a ruta das tapas deste venres, 6 de decembro, na que se sortea unha cesta de Nadal cuxo valor ronda os 1000 euros. 


 


????A ruta das tapas deste venres e do seguinte, 6 e 13 de decembro, respectivamente, estará protagonizada polos “Sabores do Nadal”, e terá como aliciente poder participar nun sorteo dunha cesta de Nadal cuxo valor ronda os 1.000 euros.


 


????O evento foi presentado este mediodía no restaurante Casa Gazpara polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do CCA, Noelia Mares; a representante da bodega Pazo Tizón, Raquel Cabo, e representantes dos dezaseis establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa, e que amosaron as tapas que ofrecerán á clientela nestas xornadas ao prezo de 2 euros.


 


????Durante a presentación procedeuse ao sorteo das dúas viaxes de fin de semana a Asturias e Oporto, correspondentes á ruta das tapas do pasado mes de novembro. Estes premios recaeron, o de Asturias, que inclúe dúas comidas en dous restaurantes de Xixón e Oviedo de hostaleiros carballiñeses, en Patricia Gulisano, e a de Oporto en Roberto.


 


Manuel Dacal felicitou ao sector hostaleiro carballiñés pola calidade e innovación das súas propostas gastronómicas, e agradeceu ao CCA, Pazo Tizón, Aceites Abril, demáis patrocinadores e sector hostaleiro os produtos ofrecidos para a cesta de Nadal. 


 


Noelia Mares recordou que na app quedamosdetapas pódese ver cada unha as propostas dos dezaseis bares, mesóns e restaurantes que conforman esta iniciativa, e convidou a vivir o Nadal no Carballiño.


 


Raquel Cabo expresou a súa satisfacción por colaborar con este evento gastronómico e hostaleiro.


 


E David, cociñeiro da Casa Gazpara, en representación do sector hostaleiro, dixo que no Carballiño hai un gran potencial culinario, que é moi creativo e que merece un recoñecemento, pois está a un gran nivel.