Saborea Padrón

Padrón (A Coruña)
imagen noticia

Pedronía, Camiño Sagrado en Padrón

Camiño de Santiago que sae de Santiago de Compostela para terminar en Padrón. Existen varias referencias de peregrinos de diferentes países que, desde a Idade Media camiñaban de Santiago de Compostela ata Padrón para coñecer o lugar no que din predicou o Apóstolo Santiago en vida;  localidade á que chegaron por mar os seus restos despois de morrer. Para conseguir a acreditación, débense camiñar un mínimo de 18 km. E visitar: a Colexiata de Santa María de Iria Flavia, a Fonte do Carmen que representa a Traslatio e o bautismo da Raíña Lupa; o lugar de Santiaguiño do Monte onde se sitúa as penas e a ermida onde din que predicou Santiago Apóstolo; e o Pedrón, ara romana que hoxe se atopa dentro da Igrexa de Santiago onde din que amarraron a barca dos restos de Santiago Apóstolo.


O día 11/10/2016, 16:30 h.  visitaremos Herbón: as plantacións e a nave da cooperativa A Pementeira, e visita guiada ao Convento de Herbón cos Padres Franciscanos de Herbón. Esta visita é gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo de Padrón ou en Viajes Alma Gaia, organizadora.


O día 12/10/2016:



  • 9:00 h Xuntanza na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela

  • 9:30 h Recibimento dos asistentes e comezo da andaina

  • 12:45 h Chegada á ponte medieval e parada de sensacións

  • 13:15 h Visita a Pazo do Faramello (xardíns, capela e interior do pazo) + copa de viño.

  • 14:30 h Comida na contorna do Pazo, na área de descanso da aldea medieval de Angueira. Comida libre, cada persoa deberá levar a súa

  • 15:30 h Saída cara Padrón

  • 18:30 h  Parada con explicación an Escravitude e Iria Flavia

  • 19:00h Visita a O Pedrón

  • 19:30 h Vía Crucis a Santiaguiño Do Monte
    20:00 h Entrega da Pedronía

  • Tapeo Saborea Padrón


Prezo: 22,00 €


Inclúe:



  • Transporte: un traxecto en tren de Padrón – Santiago ou Santiago – Padrón

  • Guía especializada en Espazos Naturais

  • Visita a Pazo do Faramello

  • Visita guiada ao Mosteiro de Herbón, e visita ás pementeiras o día anterior, 11/10

  • Vale para una tapa no establecemento gañador en Saborea Padrón 2015