Tapalacón 2018

CUNTIS (PONTEVEDRA)

CORNETO CON SÉSAMO NEGRO DE LACÓN CON GRELOS E CHOURIZO

tapa

INGREDIENTES: Cono de galleta, semente de sésamo negro, pataca, grelo, lacón, chourizo e crema de queixo.
ELABORACIÓN:
1. Facer a galleta con sésamo en forma de cono.
2. Cocer a pataca, o grelo, o lacón e o chourizo.
3. Facer un puré coa pataca e o grelo, engadir o queixo.
4. Picar o lacón e o chourizo.
5. Para presentar e comer, engadir no corneto o chourizo, o lacón e facer unha bola co puré, servirase temperado.