Tapalacón 2018

CUNTIS (PONTEVEDRA)

EMPANADILLA DE LACÓN

tapa

INGREDIENTES: Lacón, cebola, aceite de oliva, fariña, auga, ovo, fermento de pan e sal.
ELABORACIÓN:
1. Cocemos o lacón e picámolo.
2. Limpamos as cebolas e picámolas, nunha tixola pasámolas con aceite de oliva e botámoslle o sal.
3. Xúntase a cebola mailo lacón.
4. Amasamos a fariña co ovo e o fermento de pan e auga.
5. Deixámolo repousar un pouco e xa podemos estirar a masa, cortándoa en forma de circuliño para facer a empanadilla.
6. Botámoslle a mestura dentro, pechámola e xa por último frixímola.