LACÓN O FORNO CON CREMA DE GRELOS
					
						INGREDIENTES: Lacón, grelos, patacas, leite enteira, queixiños, cebola, allo porro, aceite de oliva, sal e pementa negra.
ELABORACIÓN:
1.	 Asar o lacón e cocer os grelos.
2.	Cortar en anacos as patacas para a súa cocción.
3.	Para a crema: cortamos a cebola e o allo porro en xuliana fina e sofriximos  con tres culleres de aceite.
4.	Picamos unhas patacas en dados pequenos e engadimos á cazola co leite, cando comece a ferver, engadimos o queixiño.
5.	Antes de que volva a ferver, botamos os grelos e seguimos cocendo todo uns 10 minutos, salpimentamos ao gusto e trituramos co batedor.
					

