imagen noticia

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA A QUINTA EDICIÓN DA RUTA DO PINCHO DE REDONDELA

O PAZO DE VILAVELLA ACOLLE ESTE XOVES A PRESENTACIÓN E INAUGURACIÓN DA QUINTA EDICIÓN DA RUTA DO PINCHO DE REDONDELA CON 32 PARTICIPANTES.


Tradición e modernidade fusiónanse nas 32 propostas mellores propostas gastronómicas da hostalaría da
localidade.


Nesta edición presentase unha gran novidade xa que á clientela poderá valorar e
acceder a toda a información sobre os pinchos a través dunha App (Quedamos de
tapas).


 


Trinta e dúas propostas gastronómicas danse cita nesta quinta edición da Ruta do Pincho da man doutros tantos establecementos hostaleiros esparexidos pola xeografía do municipio. Dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de
Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras
contornas rurais poderás degustar os sabores da nosa terra e do noso mar en
pequenas porcións que farán espertar todos os sentidos.


Os mellores pinchos da Hostalaría do Concello de Redondela presentase para ser degustados xunto cunha coidada selección de viños da Bodegas Altos de Tarona, Regina Viarum e Herencia de Juan Alcorta a un prezoúnico de 2,75€.


A clientela poderá puntuar todos os pinchos e ademais participar no sorteo de relaxantes e
saborosos premios:


 


1º) Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Termal + Visita á
adega Regina Viarum con degustación de viño.


 


2º) Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado +
Botella de viño.


 


3º) Dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona(de luns a sábado).


 


Todas as tarxetas de puntuación serán válidas para a puntuación dos pinchos e so
serán necesarios seis selos para participar no sorteo, e dicir, que se reduce o
prezo respecto ás pasadas edicións.


 


Grazas ás valoracións da clientela os hostaleiros tamén verán recompensado o seu bo facer
na cociña con un premio outorgado polas adegas colaboradoras.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil