imagen noticia

ESCAPARATES DE CINEMA CON PREZOS DE PELÍCULA

Esta campaña de dinamización comercial desenvolvese entre o 20 e o 23 de
abril no comercio de Redondela. Un total de 26 comercios participan no concurso
ESCAPARATES DE CINEMA, unha iniciativa que se desenvolve en colaboración co
Programa de Emprego  de Redondela (PER)
xa que os alumnos da acción formativa de escaparatismo tutelados por
escaparatista e docente do curso Fernando Rivas Araujo foron os encargados de
desenvolver 20  dos proxectos decorativos
dos escaparates participantes. Desta forma o alumnado tivo a oportunidade de
desenvolver de forma práctica os coñecementos adquiridos durante o curso. A
clientela poderá realizar a ruta dos escaparates de cinema seguindo un rueiro
dispoñible nos establecementos comerciais no que ademais de puntuar os
escaparates e poderán gañar vales de compra para consumir no comercio local. A
urna para depositar a tarxeta de votación e participación estará ata o día 24
no Multiusos da Xunqueira.





A campaña tamén comprende de forma única a promoción de “prezos de
película” que se identificaran nas tendas cunha sinalización especialmente
creada para a ocasión. Os clientes que desexen descubrir estes prezos de
película deberán achegarse ao comercio de Redondela do 20 ao 23 de abril.





Os establecementos participantes son:





 - EXCLUSIVAS UCHA


- KOQUETA


- AURORA


- ZAPATERÍA K-TIVOS


- AGROCAR, S.C


- JOYERÍA TEJO


- VAIA TELA


- LUIS VARELA MODA


- VIMAR


- CARLÍN


- ZÍBORIS NEW


- CENTRO ÓPTICA REDONDELA


- PERFUMES REDONDELA


- CACHARELA ARTESANÍA


- HIPERCALZADOS RAÚL


- SML


- ANAQUEL


- NESKA


- SCARPA RODOPIEL


- BURBULLA ARTESANÍA


- SUSUELA, C.B


- MANDAMAMÁ, C.B


- MUEBLES DOMÍNGUEZ


- DIEZ EUROS REDONDELA


- COSER E CANTAR


- VIAJES AGARIMO


XA PODES DESCARGAR A NOSA PAPELETA DE VOTACIÓN DENDE A PÁXINA WEB DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA http://www.empresasredondela.com/nova.asp?id=1254

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil