VENres de Pinchos

O Carballiño (Ourense)
imagen noticia

TAPAS DE ABRIL adicadas a varias comunidades

A hostalería ofrecerá unha variada gama gastronómica de toda España na Ruta das Tapas deste venres, 5 de abril.


 


De Asturias a Andalucía, pasando por Cantabria, País Vasco, Castela-León, Madrid, Aragón, Cataluña e Valencia, entre outras comunidades españolas, ata un total de trece, como se se tratase dun recorrido gastronómico por toda España sen saír do Carballiño. 


 


Este é o obxectivo dunha nova xornada da Ruta das Tapas, que se celebrará este venres 5, e o venres seguinte, 12 de abril, e que foi presentada este mediodía no Café Bar Ningures con asistencia de representantes dos locais integrados nesta iniciativa, do concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e a relación públicas de Pazo Tizón, Cristina Mouriño.


 


Na app “quedamosdetapas” pódense ver os pinchos que oferta cada un dos locais, e que se poderán degustar este venres, a partir das 20,00 h., ao prezo 1,50 euros.


 


Diego Fernández resaltou o bo traballo que realiza a hostalería local e que contribúe a que a Ruta das Tapas sexa unha actividade totalmente consolidada como atractivo da oferta gastronómica carballiñesa. “Abril é un mes cunha gran oferta cultural e deportiva, e a  gastronomía a complementa moi ben” –dixo ao respecto. Tamén destacou a oportunidade de ofrecer nesta ruta unha viaxe gastronómica por toda España.


 


Noelia Mares agradeceu a colaboración das empresas patrocinadoras do evento, como Pazo Tizón, e recordou os premios directos que se poden obter ao consumir os pinchos.


 


Finalmente, Mónica Blanco, do Café Bar Ningures e en representación dos bares, mesóns e restaurantes que forman parte desta iniciativa, convidou aos veciños e visitantes a percorrer os locais e disfrutar con estes pinchos “que están feitos con moito cariño” –dixo.