VENres de Pinchos

O Carballiño (Ourense)
imagen noticia

TAPAS DE MAIO adicadas a productos da nosa Terra e as Letras Galegas

As últimas xornadas da Ruta das Tapas, que se celebrarán este venres, 3 de maio, e o seguinte, 10 de maio, están dedicadas á gastronomía galega.


 


Co mes de maio remata a Ruta das Tapas da tempada 2018/19, e para render homenaxe aos produtos da terra, os 14 establecementos hostaleiros que forman parte desta iniciativa ofertarán unha gran variedade de pinchos que se poderán desgustar este venres, 3 de maio, e o seguinte, 10 de maio.


 


O evento foi presentado este mediodía no Ernesto Patio Bar, na rúa do Paseo, nun acto ao que asistiron o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e representantes dos establecementos hostaleiros.


 


Queixo de Arzúa rebozado fritido con marmelada de tomate, pulpo á mugardesa, montadito de lomo con queixo San Simón da costa, empanada de berberechos ou allada de zamburiñas e langostinos, son algúns dos pinchos que se poderán desgustar este venres a partir das oito da tarde ao prezo de 1.50 euros.


 


Na app “quedamosdetapas” poden descargarse as fotografías dos pinchos de cada un dos locais.


 


Manuel Dacal resaltou o éxito desta tempada da Ruta das Tapas, que comezou no mes de outubro e remata este mes de maio. Dixo que estas últimas xornadas están dedicadas aos productos da terra coma unha homenaxe ás Letras Galegas. Así mesmo, agradeceu a colaboración dos 14 locais participantes, da adega Pazo Tizón e dos demáis patrocinadores, e animou á veciñanza e visitantes a achegarse este venres a estes locais para degustar ás súas ofertas gastronómicas.


 


Noelia Mares tamén se referiu á homenaxe á gastronomía galega destas últimas xornadas, e reiterou a posibilidade de obter premios coa degustación dos pinchos, polo que convidou a participar nestas derradeiras degustacións da tempada, e cuxa oferta pode descargarse na appa “quedamosdetapas”.


 


Finalmente, en nome dos hostaleiros,  Tino Dacal agradeceu a colaboración das entidades patrocinadoras e animou á xente a percorrer os bares, mesóns e restaurantes que forman parte da iniciativa, e saborear as súas propostas culinarias.