VENres DE PINCHOS

O Carballiño (Ourense)
imagen noticia

Nova xornada de Pinchos este día 2 e 9 de Febrero en O Carballiño

OS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS OFRECERÁN ESTE VENRES DEZASEIS FORMAS DIFERENTES DE DEGUSTAR PINCHOS ELABORADOS CON OVOS DENTRO DUNHA NOVA XORNADA DA RUTA DAS TAPAS


 


Os establecementos hostaleiros do Carballiño ofrecerán este venres, 2 de marzo, dezaseis formas diferentes de degustar pinchos elaborados con ovos, dentro dunha nova xornada da Ruta das Tapas.


 


O evento foi presentado este mediodía na cafetería Ningures durante un acto ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o presidente e a xerente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente; a relación públicas da adega Pazo Tizón, Sara López, e representantes dos dezaseis mesóns, cafeterías e restaurantes integrados nesta iniciativa.


 


Diego Fernández agradeceu aos hostaleiros o esforzo que estaban realizando para superarse en cada xornada e ofrecer á clientela tapas máis creativas, e recordou que, ademáis da vertente gastronómica, tamén se pode gañar algún dos múltiples premios previstos. Tamén dixo que a dedicatoria desta xornada aos ovos foi unha petición popular, e finalmente, agradeceu a colaboración do CCA e de Pazo Tizón. 


 


Noelia Mares convidou aos carballiñeses e visitantes a participar nesta primeira xornada de marzo. Destacou a APP “quedamosdetapas”, que se pode descargar para ver en calquera teléfono móbil cada unha das tapas que se ofertan para este venres.   Así mesmo, recordou que a degustación dos pinchos tamén pode ter premio.


 


No mesmo sentido se pronunciou Sara López, recomendando acompañar as tapas cun viño da adega Pazo Tizón.


 


As tapas comezarán a servirse nos dezaseis locais participantes, ao prezo de 1,50€ cada unha, a partir das 20,00 h., deste venres, 2 de marzo.