X Concurso de Santiago (é) Tapas

Santiago de Compostela (A Coruña)
imagen noticia

A Praza Roxa acolle a presentación de Santiago(é)tapas cunha demostración de cociña en directo

O cociñeiro Jorge Gago, do restaurante A Maceta, preparou en directo na Praza Roxa a tapa gañadora do Premio do xurado da edición de Santiago(e)tapas 2016, “Xurelo San Simón”. Con esta acción na rúa, no que participou a concelleira de Turismo, Marta Lois, anunciouse o comezo da décima edición do concurso de tapas de Santiago, que terá lugar do 2 ao 19 de novembro.


Nesta décima edición de Santiago(é)tapas, evento xa consolidado tanto entre o público como entre o propio sector da restauración da cidade, introdúcense dúas novidades que pretenden facer máis sinxela a participación no concurso. Modifícase o Tapasporte, que pasa de ser un libriño a ser un desplegable similar á credencial do Camiño. E amplíase o número de rutas de tapas de cinco a seis, de tal xeito que sexa máis sinxelo rematar unha ruta ao contar con menos locais.


Ademais, nesta décima edición as rutas noméanse cos diferentes Camiños de Santiago: Camiño Portugués, Camiño Sueste, Camiño Primitivo, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés e Camiño Francés. Deste xeito faise máis patente o vínculo orixinario de Santiago(é)tapas entre a peregrinación a Santiago e unha peregrinación gastronómica polos locais da cidade.


A décima edición do concurso continúa mantendo un número moi elevado de locais participantes. Neste caso participan 70 locais, que ofertarán 101 tapas distintas, todas a un prezo único de dous euros e medio. O público participante poderá puntuar as tapas que probe, así como a experiencia global no local. Entregarnase premios ao público en función do número de rutas completadas.


Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano conta por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Conta tamén coa colaboración institucional da Deputación de A Coruña.


_________________


El cocinero Jorge Gago del restaurante La Maceta, preparo en directo en la Plaza Roja la tapa ganadora del Premio del Jurado de la edición de Santiago(é)Tapas 2016, “Xurelo San Simón”. Con esta acción en la calle, en la que participo la concejera de Turismo, Marta Lois, se anuncio el comienzo de la decima edición del concurso de tapas de Santiago, que tendrá lugar del 2 al 19 de noviembre.


En esta decima edición de Santiago(é)Tapas, evento ya consolidado tanto entre el publico como entre el propio sector de la restauración de la ciudad, se introducen dos novedades que pretenden hacer mas sencilla la participación en el concurso. Se modifico el Tapasporte, que pasa de ser un libro a ser un desplegable similar a la credencial del Camino. Y se amplia el numero de rutas de tapas de cinco a seis, de tal modo que sea mas sencillo terminar una ruta.


Además, en esta decima edición las rutas adquieren los nombres de los diferentes Caminos de Santiago: Camino Portugués, Camino Sudeste, Camino Primitivo, Camino de Fisterra-Muxía, Camino Inglés y Camino Francés. De esta forma se patenta mas el vinculo originario de Santiago(é)Tapas entre peregrinación a Santiago y una peregrinación gastronómica por los locales de la ciudad.


La decima edición del concurso continua manteniendo un numero muy elevado de locales participantes. En este caso participan 70 locales que ofertaran 101 tapas distintas, todas a un precio único de dos euros y medio. El publico participante podrá puntuar las tapas que pruebe, así como la experiencia global del local. Se entregaran premios al publico en función del numero de rutas completadas.



Por tercera edición consecutiva, Santiago(é)Tapas esta organizado de modo conjunto por Turismo de Santiago y la Asociación Hostelería Compostela, un modelo de coparticipación entre el Concello y el sector privado de la ciudad. Este año cuenta por primera ves con Mahou como patrocinador principal y con el patrocinio de Cash Récord, Coca Cola. Cuenta también con la colaboración institucional de la Diputación de A Coruña.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil