5ª Edición Tap Teo 2018

Teo (A Coruña)

Ameixas á salsa da Colmena

tapa

Aceite de oliva, ameixa branca fina, cebola, allo, pemento doce, caldo de peixe/auga para a cocción ameixas, viño branco galego (albariño habitualmente), pementa branca, perexil e ceboliño.
Nunha pota con agua póñense a abrir as ameixas,unha vez abertas apágase o lume e retírase da auga pra que non se cozan de máis.
Nunha cazola aparte colócase un pouco de aceite de oliva, sofrítese cebola e allo e, cando estean sofritas, engadimos perexil e fariña pouco a pouco mentres se remove con variña, engadimos fariña ata que non admita máis (un roux. branco),deseguido engádese viño branco e tamén caldo de pescado ou auga da cocción das ameixas removendo pouco a pouco pra que non queden grumos.
E segundo se queira máis espesa ou máis liquida a salsa, engádese máis ou menos caldo.
Bótanse as ameixas á salsa e que coza 1 minuto.
Pra decorar, unha rama de perexil e ceboliño.


ALÉRGENOS

gluten

Gluten

crustaceos

Crustáceos

Llévalo en tu móvil