5ª Edición Tap Teo 2018

Teo (A Coruña)

Listado de tapas Ver mapa

Aceite de oliva, ameixa branca fina, cebola, allo, pemento doce, caldo de peixe/auga para a cocción ameixas, viño branco galego (albariño habitualmente), pementa branca, perexil e ceboliño. Nunha pota con agua póñense a abrir as ameixas,unha vez abertas apágase o lume e retírase da auga pra que non se cozan de máis. Nunha cazola aparte colócase un pouco de aceite de oliva, sofrítese cebola e allo e, cando estean sofritas, engadimos perexil e fariña pouco a pouco mentres se remove con variña, engadimos fariña ata que non admita máis (un roux. branco),deseguido engádese viño branco e tamén caldo de pescado ou auga da cocción das ameixas removendo pouco a pouco pra que non queden grumos. E segundo se queira máis espesa ou máis liquida a salsa, engádese máis ou menos caldo. Bótanse as ameixas á salsa e que coza 1 minuto. Pra decorar, unha rama de perexil e ceboliño.
Café Bar A Colmena
 Ameixas á salsa da Colmena
Esta é unha tapa da terra. A lixeireza do follado, bañado con queixo do país, chourizo e ovo. Unha invitación para deixarche invadir polo auténtico sabor de cociña galega.
Café Bar Cervecería Manu
 Niño de amoado de chourizo
Lagostinos, froitos secos (noz, pipas, millo), fariña de trigo, ovo, salsa de allo (ovo, aceite, vinagre, allo, sal e menta) e Chutney (mango, cebola, canela azucre, sal e xenxibre)
Café Bar A Raiola
 Piruleta crocante en dous mollos
Carne de porco e tenreira, mozzarella, allo, manteiga, tomiño, limón, aceite de xirasol, sal, pementa, maionesa, perexil, patacas e cenoria.
Café Bar Casa Pernas
As boliñas encantadas
Bao de Vaca, un fusión entre o coñecido “bocadillo rueiro de Taiwan” e a nosa carne de Vaca Galega criada na nosa propia leira. Gua bao, carne de vaca, kimchi, jalapeño... Unha tapa diferente, saborosa e feita para os máis atrevidos! Non che conto máis, ven a probala e cóntasnolo ti!
Restaurante Asador O Carmelo
Bao de vaca
Ensalada mareira: unha fina crema de oliva, xurelo do atlántico lixeiramente marinado e asado, con toques cítricos e un lixeiro aroma de algas.
Restaurante Bistro Wine Pazo de Adrán
Ensalada mareira
Cazola de lascas de bacallau sobre un leito de pementos de Piquillo, cebola doce e pataca panadeira cuberta con crema ao allo
Restaurante Hotel Congreso
Gratem de bacallau
luriña en tinta de sepia recheo de carne de boi de mar e centola da ría con pan de tinta de sepia
Restaurante Parada de Francos
Luriña recheo de mariscos
Chipirón, tallarín negro, mollo bearneso (ovos, manteiga, viño e vinagre). Ábrese o chipirón, fánselle uns cortes lonxitudinais e transversais e pásase á prancha. Cócense os tallaríns, prepárase a salsa baernesa con ovo, manteiga, viño e vinagre, móntase no prato e decórase.
Café Bar O Rincón de Sara
Mazaroca de chipirón con tallarín negro e mollo bearneso
Saco de filloa recheo de rabada e lagostino con salsa de marisco
Restaurante Parrillada Chaves
Saquito de filloa
Torto asturiano con carrilleira de porco guisada e mollo de mazá asada e queixo de cabrales
Restaurante La Terraza de Neira
Torto asturiano