Información del concurso
Bases del concurso
BASES:
Primeira: O establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, sendo os seus ingredientes de libre elección, a un prezo de venda ó público de 1,50 €uros. A TAPA OFERTADA DEBERÁ TER UNHA CANTIDADE E CALIDADE EQUIVALENTE A 1,50 €uros. Ademais, é obrigatorio ofertar o maridaxe con viños da D.O Ribeira Sacra.
Segunda: Pechado o prazo de inscrición, o Concello difundirá o listado dos establecementos participantes mediante cartelería, a través da páxina web municipal www.concellodequiroga.com, facebook, radio e televisión de Quiroga. Asimesmo , distribuirá nos locais participantes cartillas de votación "tapacartóns", a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademais, en tódolos establecementos participantes, estarán situadas urnas oficiais de votación.
Terceira: A tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 11 ao 23 de xullo en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas. Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto nun lugar visible o cartel anunciador do concurso, facilitado polo Concello. En dito cartel estarán indicados os nomes dos establecementos que concursan.
Cuarta: Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento de ser o tapacartón, non se pode repetir selo do establecemento noutra casilla, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o establecemento non dispoña da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o tapacartón ou tapacupón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o cliente complete a degustación de tódalas tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón, e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso situadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 23:00 horas do 23 de xullo.
Quinta: Non será válido ningun tapacartón que non conteña os seguintes datos:
- Selo de todos os establecementos participantes.
- Voto, escrito de forma lexible.
- Nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
Sexta: O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, os seguintes criterios de valoración:
- Presentación e innovación.
- Gusto, sabor, texturas e aromas.
- Calidade dos ingredientes.
Sétima: O Concello, a través do seu técnico en xuventude, recollerá as urnas o 26 de xullo de 2021. Non será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto.
Oitava: O IX concurso "Quiroga de Tapas" fallará-se as 12:00h do 16 de abril de 2020 no Salón de Plenos do Concello de Quiroga. A resolución do concurso será inapelable.
O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica.
O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma de participación.
Esa mesma mañá, entre as cartillas de votación realizará-se o sorteo público para os participantes no concurso que gañaran diferentes premios.
Novena: A participación na IX Edición do Concurso "Quiroga de Tapas" implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.
Décima: O incumprimento dalgunha cláusula suporá a descualificación do establecemento.