Información del concurso
Como cada mes de novembro poñemos en marcha o Chantapas.
Este ano a novidade máis importate será que cada establecemento participantes presentará soamente unha tapa.
A tapear no corazón de Galicia!
Bases del concurso
Chantapas 2016
A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, poñerá en funcionamento unha nova campaña á que denominaremos Chantapas 2016. Esta campaña, pretende ser un novo reclamo para que os establecementos de hostalería conten cun novo aliciente para realizar a súa actividade.
1.- Duración da campaña:
Terá unha duración de 3 fins de semana (días 4-5-6-11-12-13-18-19-20 de novembro)
O horario fixado será só de inicio, dende as 19:00 horas deixando á libre disposición dos participantes o horario de fin (Hora de peche, fin de existencias…)
2.- Participantes
Serán participantes legáis todos aqueles que firmen a correspondente ficha de inscrición que aportará os datos necesarios para o concurso por unha banda, e por outra, suporá a aceptación plena das bases.
3.- Tapa de concurso
Os participantes desta nova campaña elaborarán unha única tapa.
Esta tapa deberá levar ingredientes típicos da zona ou da estación na que nos atopamos.
As tapas estarán identificadas cun cartel no cal figurará o nome que o participantes desexe darlle.
O prezo máximo que poderán ter as tapas será de 2,00€
En ningún caso se poderá ofrecer a tapa participante fóra do horario indicado nestas bases. Tendo en conta que nelas, só figura o horario de inicio.
4.- Votación
Nesta ocasión e para evitar conflictos entre participantes e organización, contaremos con tres modalidades de votación.
- Xurado profesional. O xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalería, turismo ou o periodismo gastronómico de modo que se garantice un veredicto que redunde na excelencia e credibilidade do concurso. Os membros do xurado votarán as tapas con puntuacións entre 0 e 10.
- Votación a través da APP “Quedamos de tapas”. As tapas serán valoradas a través desta aplicación gratuita.
- Votación popular. Os consumidores poderán votar a súa tapa favorita votando a través dos pasaportes do Chantapas2016. Neses pasaportes deberán puntuar as tapas consumidas (1 a 10 – sendo aceptadas puntuación decimais) Serán válidos os pasaportes que teñan o selo de, polo menos, a metade dos establecementos participantes no concurso (7)
5.- Criterios de valoración
Á hora de realizar as votacións o xurado profesiona tirá en conta os seguintes puntos aspectos:
· Elaboración da tapa (Puntuando de 0 a 10 puntos)
· Sabor (Puntuando de 0 a 10 puntos)
· Presentación (Puntuando de 0 a 10 puntos)
· Relación calidade-prezo (Puntuando de 0 a 10 puntos)
· Calidade no servizo e rapidez (Puntuando de 0 a 10 puntos)
· Uso dos produtos que se solicitan nas bases (Puntuando de 0 a 10)
As puntuacións finais de cada establecementos, virán dadas pola media de realizar a suma das tres fórmulas de votación.
6.- Premios
Da media de todas as votacións obteremos tres gañadores que recibirán os premios estipulados:
1º Premio trofeo – prato de Sargadelos.
2º e 3º Premio diploma acreditativo do posto acadado.
7.- Outras disposicións
Todos os establecementos participantes, estarán obrigados a colaborar en todas as accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento.
Deberán tamén exhibir nun lugar visible toda a cartelería da que se lle fará entrega e que os identificará como participantes da campaña.
Do resultado da Campaña informarase ós medios de comunicación de carácter local e comarcal. Por conseguinte , e para os efectos de darlles publicidade ós resultados desta Campaña, os gañadores dos premios autorizan a publicación dos seus nomes e fotografías de ser o caso.
A mera participación supón a aceptación plena das bses.
A organización resérvase o dereito a modificar parcial ou totalmente estas bases, así como suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.