De Tapas por Arteixo

Arteixo (A Coruña)
splash

Información del concurso

XA ESTÁ AQUÍ a edición de inverno do Concurso de Tapas por Arteixo

                                                                                    de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!

 

Do Xoves 18 ao Domingo 21 de Febreiro, 23 establecementos hosteleiros de Arteixo, ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante (1,80 €), acompañada da tua bebida favorita.

Neste concurso, o xurado son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas válidas (con 4 selos e os datos do cliente) entran no sorteo de 300 € en vales de compra para gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com. 

Contamos tamén coa colaboración de COCA COLA, que patrocina un divertido concurso paralelo coas Fotografías do público; neste concrso os clientes do roteiro de tapas que suben ao facebook de Arteixo CCA fotos das tapas acompañadas da consumición de Coca Cola, poden gañar xantares ou ceas se son elexidos como a foto máis orixinal, a máis divertida, ou a Foto "Sinte o Sabor".  CONSULTA AS BASES DESTE CONCURSO E PARTICIPA!! As fotos deben reflexar unha tapa concursante e unha botella de Coca Cola, e vaise valorar especialmente que nas fotos se imiten os novos anuncios de coca cola “SIENTE EL SABOR DE COCA COLA”, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe pola botella.  

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA – Arteixo CCA:

“Sinte o Sabor de Coca Cola de Tapas por Arteixo”.

Viches o novo anuncio Coca Cola? 

Volve a sentir o sabor de Coca Cola bebendo directamente da botella.

Coa vosa tapa servida!!  faite unha foto bebendo Coca Cola.

Súbea  ao facebook de Arteixo CCA, e… entra no concurso!!

Poderás gañar unha comida ou cea gratis en Arteixo.

BASES:

Participación:  Poderá participar no concurso calquera cliente do roteiro “De Tapas por Arteixo”, que suba ao Facebook do CCA (Arteixo CCA) a súa fotografía tomando unha tapa e unha Coca Cola, do xoves 18 ao Domingo 21 de Febreiro de 2016.

Requerementos:  Para participar, o cliente deberá estar consumindo unha das tapas do VIII Concurso de Tapas por Arteixo, e unha botella de Coca Cola.  Ambos elementos (tapa e refresco) deben aparecer na fotografía, para que ésta sexa valorada no concurso. Cada cliente poderá enviar como máximo unha foto por local/tapa concursante.

Lema do Concurso: “Sinte o Sabor de Coca Cola, de Tapas por Arteixo”

Buscamos fotografías que imiten, versionen ou amplíen o concepto dos novos anuncios “Taste de Feeling” / “Siente el Sabor”, nos que se anima a recuperar a sensación e o especial sabor ao beber Coca Cola directamente da botella clásica do refresco. Pódense visualizar imaxes e anuncios desta campaña en www.cocacola.es. Aínda que a imitación das imaxes do anuncio ten un premio especial, o feito de incluir esta mensaxe, será valorado nas 3 categorías ou premios.

Categorías: 

1º.- Foto Taste the Feeling: a mellor imitación ou recreación das imaxes do novo anuncio de Coca Cola “Siente el Sabor” (www.cocacola.es)

2º.- Foto máis Orixinal: a foto máis persoal, artística ou orixinal de Tapas por Arteixo con Coca Cola.

3º.- Foto máis Divertida: a foto máis divertida de Tapas por Arteixo con Coca Cola.

Premios:  Coca Cola Iberian Partners, colaborador do VIII Concurso de Tapas por Arteixo, premiará ás fotografías gañadoras cun xantar ou unha cea nun establecemento hostaleiro de Arteixo. O convite incluirá o xantar ou cea para as persoas que aparezan na fotografía ate un máximo de catro (4). Os premiados serán anunciados no Facebook Arteixo CCA e na web www.ccaarteixo.com, antes do 29 de Febreiro.

Notas:  Arteixo CCA, como organizador do concurso, reserva o dereito de:

-        -  Interpretación das presentes bases;

-        -  Excluir fotografías que se poidan considerar ofensivas ou de mal gosto;

-        - Declarar deserto calquera dos 3 premios, en caso de non haber representatividade ou calidade suficiente para unha ou máis categorías.