
Rolda de Prensa de Presentación do Concurso
O luns 15 de Febreiro na Oficina de Turismo de Arteixo, tivo lugar a rolda de prensa que da o pistoletazo de saida á semá do Concurso de Tapas Por Arteixo.
A rolda de prensa foi presidida por Diego Lozano, presidente da asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios de Arteixo: Arteixo CCA (Centro Comercial Aberto), e estivo acompañado por Carlos Calvelo, Alcalde de Arteixo, e por Patricia Amado, Concelleira de Promoción Económica e Turismo.
O Sr. Calvelo agradeciu unha vez máis a traxectoria do CCA de Arteixo e os seus esforzos e éxitos levando a cabo diversas actividades de dinamización comercial e social no pobo de Arteixo durante todo o ano, mentres que a Concelleira, Patricia Amado, destacou que esta labor asociacionista está lonxe do seu fin, sendo moi necesario que se sumen máis e máis comercios, hostaleiros e empresas a esta asociación para deste xeito tomar parte activa no desenvolvemento económico do pobo de Arteixo e acadar un maior peso sectorial entre todos.
Pola sua banda, o presidente de Arteixo CCA, Diego Lozano, agradeciu o apoio do concello, non só coa sua presencia unha vez máis na divulgación dos eventos impulsados polo CCA, senón todo o ano, polo seu apoio á asociación e ao pequeno comercio local en xeral. Polo demáis Diego Lozano resumiu o formato don concurso, en realidade ben coñecido xa por estar na sua oitava edición (2 por ano, en febreiro e agosto, durante 4 anos). Salientou que ademáis de ser un evento lúdico e social que atrae masas de xente tanto de Arteixo como de outras localidades, supón tamén un pulo económico moi importante para o pobo, non só para os locais participantes, senón tamén para outros locais de hostalaría así como para comercio e sector servicios.
Agradeceu tamén a colaboración da marca Coca Cola, que se iniciou na anterior edición de agosto de 2015, e que colabora incentivando unha nova e divertida actividades cos consumidores que participan no roteiro, premiando 3 fotografías con unha invitación a un xantar ou cea ás persoas que aparecen na fotografía degustando unha tapa acompañada de Coca Cola; nesta edición as fotografías estarán inspiradas na campaña "Sinte o Sabor"
O CCA está desexando según o presidente do CCA, que a xente disfrute unha vez máis polas ruas e os establecementos de Arteixo, como é xa habitual, roteiro ou app móbil en man, e desexando tamén premiar aos seus clientes con este convide a xantar ou cear en Arteixo e co sorteo desos 300 € entre os que emitan o seu voto pola sua tapa favorita.