splash

Información del concurso

Chantada celebrará o seu II Concurso de Tortillas.

 

Datas: 1-2-3 e 8-9-10 de xullo.

 

Horario: 19:00 ata peche ou fin de existencias.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

II Concurso de Tortillas

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, poñerá en funcionamento unha nova campaña á que denominaremos II Concurso de Tortillas . Esta campaña pretende ser un novo reclamo para que os establecementos de hostería conten cun novo aliciente para realizar a súa actividade.

1.- Duración da campaña:

Terá unha duración de 2 fins de semana (días 1-2-3/8-9-10 de xullo)

O horario fixado será só de inicio, dende as 19:00 horas deixando á libre disposición dos participantes o horario de fin (Hora de peche, fin de existencias…)

            2.- Participantes

Serán participantes legáis todos aqueles que firmen a correspondente ficha de inscrición que aportará os datos necesarios para o concurso por unha banda e por outra, suporá  a aceptación plena das bases.

3.- Tapa de tortilla

Os participantes desta nova campaña elaborarán unha tapa de tortilla.

Esta tapa pode levar os ingredientes que os participantes consideren. Poden ser tortillas “tradicionais”, recheas…

As tapas deberán estar disponibles todos os días do concurso dende as 19:00 horas.

Estarán á súa vez, identificadas cun cartel onde poñerá o nome que o participante queira darlle.

O prezo máximo que poderán ter as tapas será de 1,50€

En ningún caso se poderá ofrecer a tapa participante fora do horario indicado nestas bases. Tendo en conta que nelas , só figura o horario de inicio
En cumplimento do Reglamento (ue) nº 1169/2011 deberase informar ós clientes-consumidores da existencia na tapa de algún dos 14 alérxenos que este reglamento recoñece.

4.- Xurado

O xurado deste concurso será profesional e popular

O xurado estará composto por persoas do ámbito da hostelería, turismo ou o periodismo gastronómico de modo que se garantice un veredicto que redunde na excelencia e credibilidade do concurso.

REALIZARASE UNHA CATA NA SEDE DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS NA DATA E HORA QUE SE ACORDE COS MEMBROS DO XURADO. PARA ESA DATA, OS PARTICIPANTES DEBERÁN TRAER A SÚA TAPA DE CONCURSO COA PRESENTACIÓN OFICIAL.

A través da APP QuedamosdeTapas tamén se poderá realizar unha votación de carácter popular. Esta votación suporá tres premios ao igual que os que serán acordados polo xurado profesional.

5.- Criterios de valoración

Á hora de realizar as votacións o xurado terá en conta os seguintes criterios.

·         Elaboración da tapa (Puntuando de 0 a 5 puntos)

·         Sabor (Puntuando de 0 a 5 puntos)

·         Presentación (Puntuando de 0 a 5 puntos)

·         Relación calidade-prezo (Puntuando de 0 a 5 puntos)

·         Calidade no servizo e rapidez (Puntuando de 0 a 5 puntos)

·         Empleo de produtos de Galicia na elaboración ou presentación (Puntuando de 0  a 5 puntos)

 

6.- Premios

De todas as tapas de concurso o xurado escollerá a tres que serán as premiadas. (3 o xurado profesional e 3 o popular) 

Os premios consistirán nun trofeo simbólico entregado por a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.

8.- Outras disposicións

Todos os establecementos participantes, estarán obrigados a colaborar en todas as accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento.

Deberán tamén exhibir nun lugar visible toda a cartelería da que se lle fará entrega e que os identificará como participantes da campaña.

Do resultado da Campaña informarase ós medios de comunicación de carácter local e comarcal. Por conseguinte , e para os efectos de darlles publicidade ós resultados desta Campaña, os gañadores dos premios autorizan a publicación dos seus nomes e fotografías de ser o caso.

A mera participación supón a aceptación plena das bses.

 

A organización resérvase o dereito a modificar parcial ou totalmente estas bases, así como suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.