II Saborea Cariño

Cariño (A Coruña)
splash

Información del concurso

Do 20 ao 22 de decembro do 2019, ambos os dous incluídos.

O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 20 de decembro.

O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 23:00 horas, a excepción do día 22 de decembro (domingo) que será ata as 15:30h.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

1. INTRODUCCIÓN.

A organización do concurso de tapas de Cariño ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura do tapeo e fomentar a calidade da gastronomía da vila.

Esta destinado aos establecementos hostaleiros e de restauración do ámbito municipal de Cariño en calquera das súas tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería, e que acepten estas bases.

Primarán na elaboración das tapas o uso de produtos locais ou de proximidade e de tempada, por exemplo as conservas.

2. DATAS E HORARIO.

Do 20 ao 22 de decembro do 2019, ambos os dous incluídos.

O concurso dará comezo ás 20:00 h. do 20 de decembro.

O horario de degustación das tapas será de 12:30 a 15:30 horas e de 20:00 a 23:00 horas, a excepción do día 22 de decembro (domingo) que será ata as 15:30h.

3. INSCRICIÓNS.

O prazo de inscricións será desde o 28 de outubro ata o 8 de novembro, ambos os dous incluídos, sendo esta totalmente gratuíta.

A folla de inscrición debidamente cuberta presentarase no rexistro do Concello (Avenida da Paz 2, Cariño), antes das 14:00 horas do día 8 de novembro. Deberá incluir o selo do establecemento, ou o CIF e sinatura no caso de non ter selo.

Na presentación terá que indicar a ficha técnica da receita (nome da tapa, ingredientes, alérxenos, etc.) e datos do establecemento.

Na inscrición tense que indicar se desexan ser Establecemento colaborador. Serán establecementos colaboradores aqueles que doen un premio que poderá consistir nunha cea/comida, ou aquel outro que o establecemento decida. Estes premios sortearanse entre o público que realice a ruta do tapeo unha vez finalizado o concurso.

Os establecementos adheridos obríganse a manter a súa participación durante todos os días da promoción e no horario establecido, ofrecendo a tapa elixida para o concurso, agás os días de peche oficiais do local, que será debidamente xustificada na inscrición.

 

4. TAPAS.

Os establecementos poderán presentar unha tapa como máximo, a un prezo de 1,5€.

Todos os establecementos participantes están obrigados a presentarlle á organización fotografías da súa tapa. Indicarase a cada establecemento o día, hora e lugar na que se realizará dita fotografía.

5. PREMIOS AOS HOSTALEIROS.

Todas as tapas presentadas optarán aos seguintes premios:

Premio do xurado profesional.

·         “Primeiro Premio do Xurado”: Premio á mellor tapa, que consistirá en Diploma e placa.

·         “Segundo Premio de Xurado”: Premio á segunda mellor tapa que consistirá en Diploma e placa.

Premio do xurado popular.

As votacións realizaranse nas urnas situadas nos establecementos participantes.

·         "Premio Mellor Tapa do Público 2019": Este premio será seleccionado polos clientes. Premio dotado con Diploma e placa.

6. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.

a.    As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do establecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso.

b.    Exhibir nun lugar visible do interior do establecemento o distintivo que identificará aos participantes no Concurso de Tapas "Saborea Cariño".

c.    Colocar, nun lugar visible e accesible, a urna deseñada ao efecto e debidamente precintada, na que o público depositará os cupóns de voto da mellor tapa do público, e que optarán aos premios do público por participar.

d.    Dentro do establecemento, indicar e diferenciar de maneira visible na súa oferta a tapa que participe no Concurso.

e.    Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as posibles futuras edicións do mesmo.

f.     Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo no cupón de voto.

É motivo de expulsión do Concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí establecidas.

7. SELECCIÓN E XURADO OFICIAL.

A organización nomeará un xurado oficial a través dun Decreto de Alcaldía.

O xurado oficial visitará os establecementos participantes en calquera intre. Irán debidamente acreditados. Os custes das tapas e da consumición dos membros do xurado correrán a cargo de cada un dos establecementos participantes.

O fallo do xurado será inapelable.

A organización reserva para si o dereito a tomar decisións no non reflectido nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo.

8. CRITERIOS DE VALORACIÓN.

Os criterios de valoración do xurado oficial serán os seguintes:

a.    Elaboración de tapa, puntuarase de 0 a 10.

b.    Olor, textura e sabor, punturarase de 0 a 10.

c.    Presentación, puntuarase de 0 a 5.

d.    Calidade do servizo, puntuarase de 0 a 5.

e.    Orixinalidade e creatividade, puntuarase de 0 a 5.

A metodoloxía de valoración do xurado popular será a seguinte:

a.    Os clientes dos establecementos adheridos ao concurso realizarán a votación a través dun cupón de voto que será entregado nos locais participantes. Dito cupón servirá para valorar a mellor tapa.

b.    O cliente poderá pedir que o responsable do establecemento participante lle confirme o consumo da súa tapa selando o cupón de voto oficial do concurso, nun dos 4 espazos reservados. O cliente conservará o cupón de voto co obxectivo de acadar o mínimo de establecementos para poder optar aos premios por participar.

c.    Cada cliente que desexe participar no concurso deberá ter selado 4 establecementos diferentes que estexan adheridos a este concurso. Este requisito será imprescindible para acceder ao sorteo de premios para o público que terá lugar unha vez rematado o concurso.

d.    Unha vez acadados os 4 selos diferentes mínimos, o cliente cumplimentará os seus datos persoais e anotará a mellor tapa do concurso, dentro do seu criterio. A continuación depositará o seu cupón de voto secreto dentro das urnas seladas habilitadas para o concurso en calquera dos establecementos participantes, ata o domingo 22 de decembro ás 15.30h.

e.    Todos os boletíns de participación mal cumplimentados, danados ou presentados fóra de prazo serán rexeitados.

f.     Procederase ao sorteo dos premios entre os participantes o venres 27 de decembro de 2019.

9. CUPÓN OFICIAL DE VOTO.

·         No cupón de voto constarán os datos básicos do concurso, as condicións de participación, os datos que cumplimentará a persoa participante así como os espazos para os selos dos establecementos. Tamén haberá un espazo para a cumplimentación do voto á "mellor tapa do público 2019”.

·         O Boletín de participación é persoal e intransferible. Para que sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan.

·         Poderá recollerse nos seguintes puntos:

o    Nas Oficinas do Concello de Cariño.

o    En calquera dos establecementos adheridos a este concurso.

·         Para poder optar ao premios do Boletín de participación, deberán estar selados un mínimo de 4 establecementos diferentes adheridos.

·         O periodo de vixencia do Boletín de voto será o da duración do concurso: do 20 ao 22 de decembro de 2019, ás 15:30 horas.

·         O establecemento está na obriga de selar (ou indicar o seu CIF e sinatura, no caso de non ter selo) o cupón voto ás persoas usuarias que así o soliciten, unha vez que o cliente consuma a tapa realizada para o concurso.

·         Todos os boletíns de participación presentados e válidos terán dereito a participar no sorteo dos premios ofertados no concurso.

·         En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, con respecto aos datos facilitados na participación no concurso, informamos de que todos os participantes poderán solicitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na Avenida da Paz 2, Casa do Concello, Cariño. 

10. ENTREGA DE URNAS.

O luns día 23 de decembro, de 9 a 14 horas, os establecementos participantes procederán á entrega das urnas seladas cos correspondentes cupóns de voto no interior nas oficinas do Concello de Cariño, sito na Avenida da Paz 2, Cariño.

Calquera urna manipulada, desprecintada ou presentada fóra de prazo quedará anulada do concurso con todos os votos que conteña.

11. ACTO DE CLAUSURA. ENTREGA DE PREMIO E SORTEO DE PREMIOS AOS CLIENTES.

O acto de clausura inclúe o ditame dos xurados así como a entrega de premios aos establecementos participantes e o sorteo dos premios do público.

Terá lugar o venres 27 de decembro ás 18h. no salón de plenos do Concello de Cariño.

Para escoller os premios do público extraeranse X cupóns de voto, ás que se lles asignarán cada un dos premios ofertados. A continuación, extraeranse outros X cupóns de voto por rigurosa orde que serán os suplentes para o caso de non aparecer os anteriores.

12. MÁIS INFORMACIÓN.

Podes obter máis información nas Oficinas do Concello de Cariño, sito na Avenida da Paz, 2, no teléfono 981 405 064 e no correo electrónico cultura@concellodecarino.gal.