
Reunión informativa cos participantes
Ao encontro celebrado na Casa da Luz asistiron unha grande representación de establecementos participantes
Os propietarios dos establecementos participantes en Pontedetapas 2015 mantiveron o mércores 28 unha reunión informativa na que se lles explicou o desenvolvemento do concurso e se lles aclararon as dúbidas formuladas.
O encontro, que se desenvolveu na Casa da Luz, tamén contou coa participación da delegada en Pontevedra da Asociación de Celíacos de Galicia, Pilar Vence, que animou aos presentes a realizar as súas creacións con ingredientes sen glute.