imagen noticia

Soños Gastronómicos


Soños gastronómicos


Se hai un produto que caracteriza a nosa gastronomía local e que traspasou fronteiras son, sen dúbida algunha, as tapas. Esas pequenas porcións de comida que acompañan ás bebidas en bares, tabernas e restaurantes forman parte da nosa cultura e alcanzan, aquí en Ribadeo, a categoría de arte gastronómica.


Afírmase que a arte culinaria é unha arte de sedución, que conquista padais e, en definitiva, conquista corazóns. Coa gastronomía activamos outros sentidos que conectan de forma espontánea coas emocións e co pracer: O tacto, o gusto, os aromas, a vista, as cores... Comer é un dos grandes praceres da vida e, se o facemos en compañía, a satisfacción aumenta de forma exponencial.


Aquí en Ribadeo, amalgamas de sabores e aloxamentos con encanto mestúranse para ofrecerche momentos inesquecibles. Persegue os teus SOÑOS GASTRONÓMICOS, e reserva xa a túa estancia en Ribadeo.


Reserva xa a túa estancia en Ribadeo do 11 ao 20 de maio.


 


SOÑOS GASTRONÓMICOS inclúe:


-         Descontos nas pernoctacións.


-         Pack de información turística.


-         Sorteo dunha noite de estancia en Ribadeo participando na ruta de Tapeo Express.


 


Podes consultar as ofertas particulares e facer a túas reservas en:


 


-         Apartamentos Rurais Casa Benito: http://www.casabenito.info/


-         Hotel AG Porcillán: https://www.hotelagporcillan.com/


-         Hotel O Cabazo: http://www.hotelocabazo.com/


-         Hotel Eo: http://www.hoteleo.es/


-         Hotel Fogar do Mariñeiro: http://www.rivastome.es/


-         Hotel Mi Norte: http://www.hotelminorte.com/


-         Hotel Loriente: http://www.hotelcasaloriente.com/


-         Hotel Santa Cruz: www.santacruzribadeo.com


-         Parador de Ribadeo: http://www.parador.es/es/paradores/parador-de-ribadeo


 


*Promoción válida a través de reserva directa no establecemento e dispoñible só para aquelas realizadas baixo este programa.  Non será acumulable a outras promocións.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil