splash

Información del concurso

A orixe dun costume en ocasións é tan funcional que o esquecemos. Así,o tapeo naceu aló pola Idade Media onde nas tabernas e mesóns se tapaban os vasos de viños cun anaco de pan ou lasca de xamón para evitar que as moscas se mergullaran na bebida ou mesmo que perderá o seu arume, popularizándose a mediados do século XX nos nosos bares, onde se converteu nunha tradición de relación sociais da veciñanza.

Ribadeo de tapeo, con catorce anos de historia, supuxo a evolución dos ingredientes que dende o seu inicio configuraban as tapas, cun toque de sofisticación que nos permite degustar pequenos bocados cun variadísimo repertorio de ingredientes e elaboracións, que nada teñen que envexar á alta cociña.

Se todo isto o aderezamos co enxeño e o traballo da hostalería ribadense, acádase un produto máxico, presentado en pratos de amizade e bo ambiente onde ribadenses e visitantes réndense aos praceres culinarios durante once días.

Pero, ante todo, o que se persigue é plasmar unha cociña con alma, que anhela reencontrarse coas súas orixes, e onde a materia prima é protagonista principal.

Ana María Martínez

Concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.

 

 

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

BASES CONCURSO RIBADEO DE TAPEO. XIV EDICIÓN

 

1-     ORGANIZACIÓN, PARTICIPANTES E CALENDARIo

 

A organización do XIV Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” está promovido polo departamento da Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello de Ribadeo.

 

1.1    Poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración de Ribadeo que se inscriban a tal fin e acepten estas bases, en calquera das súas tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería.

 

1.2    O evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura de tapas e fomentar                  a calidade da gastronomía da vila. O concurso dará comezo o día 11 de maio prolongándose ata o día 19 de maio de 2018.

 

 

2-     TAPAS

 

2.1 Cada establecemento poderá presentar 1 tapa como máximo, a un prezo de 1,50 euros, podendo ser frías ou quentes. As tapas presentadas ao concurso deberán ser ofertadas ao público durante os días de celebración do mesmo agás os días de peche oficiais de cada estabelecemento (aqueles que non teñen día de descanso, poderán establecer un día de descanso). O horario de servizo das tapas deberá ser como mínimo de 2 horas en horario de mañá - mediodía e 3 horas de tarde, agás aqueles estabelecementos que xustificadamente acrediten que o seu horario habitual é ou ben de tarde ou ben de mañá.

 

2.2  Todos os estabelecementos participantes están obrigados a presentarlle á organización fotografías da súa tapa con anterioridade ao 12 de abril de 2018. A organización porá un fotógrafo/a gratuíto a disposición dos estabelecementos. Para tal fin o fotógrafo/a e hostaleiro/a deberán concertar necesariamente a data entre os días 8 ao 12 de abril, respectando na medida do posible as quendas por zonas que establecerá o fotógrafo/a e/ou a organización.

 

 

 

3-     PRAZO DE INSCRICIÓN

 

O prazo para a presentación no concurso rematará o día 5 de abril do 2018, ás 14:00 horas. A candidatura presentarase no Rexistro do Concello coa seguinte documentación:

 

·       Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, que deberá levar o selo do estabelecemento inescusablemente.

·       Ficha técnica da receita/s, descrición do estabelecemento e COORDENADAS GPS.

·       Indicar se desexan ser ESTABELECEMENTO COLABORADOR: Serán establecementos colaboradores aqueles que doen un premio que poderá consistir nunha cea/comida ou aquel outro que o estabelecemento decida. Estes premios sortearanse entre o público que realice as diferentes rutas do tapeo. Os estabelecementos colaboradores contarán cun espazo especial na publicidade que se faga do evento e obterán un punto adicional  que se sumará á puntuación final  que resulte do baremo das outorgadas polo xurado profesional e polo público.

 

A organización resérvase o dereito de excluír aqueles estabelecementos que non acheguen a documentación que se require. Ata o comezo do concurso a organización comprométese a gardar en estrito segredo profesional o nome e descrición das tapas ou petiscos

 

 

4-     CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

 

1.     As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do estabelecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso exceptuando os días oficiais de peche do estabelecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta e durante o mínimo de horas que se recolle no punto 2.1.

2.     Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo.

3.     Exhibir nun lugar visible do exterior do estabelecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso “Ribadeo de Tapeo”.

4.     Colocar, nun lugar visible e accesible, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa.

5.     Dentro do estabelecemento, indicar e diferenciar de maneira visible na súa oferta a tapa que participen no Concurso.

6.     Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as posíbeis futuras edicións do mesmo.

 

É motivo de expulsión do concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí estabelecidas.

 

5-     PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL

 

5.1  NA CATEGORÍA DE “PREMIOS DO XURADO OFICIAL” nesta edición 2019 CONCURRIRÁN SOAMENTE aqueles establecementos que así o desexen. Para isto deberán especificalo na folla de inscrición.

 

Os premios son:

 

·       Primeiro Premio do Xurado: premio á mellor tapa, que consistirá en Diploma e placa.

·       Segundo Premio do Xurado: premio á segunda mellor tapa que consistirá en Diploma e placa.

·       Terceiro premio do Xurado: premio á terceira mellor tapa que consistirá en Diploma e placa.

·    Premio “Tapa de Ribadeo”: será a mellor tapa realizada con produtos da zona. Premio dotado con diploma e placa.

 

 

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa. A organización resérvase o dereito de conceder mencións especiais a aqueles petiscos que o consideren. O fallo do xurado será inapelable.

 

5.2 SELECCIÓN E XURADO.  Para aqueles establecementos que voluntariamente concorran aos premios do Xurado, a organización nesta edición convoca aos participantes a mostrar nun único local a tapa presentada de cara a, facilitar a labor do xurado e unificar criterios. Esta selección celebrarase o luns 20 de maio, en acto público, a partir das 17:00 horas no Hotel Restaurante Voar, sendo este establecemento colaborador pero non participante.

 

Cada candidato, previa comunicación da orde de actuación (alfabético), terá que elaborar a súa tapa, con cinco mostras para cada un dos membros do xurado, nun tempo máximo de 20 minutos. Para iso, deberá aportar a materia prima, o menaxe e a vaixela necesaria, e alí poderá dispoñer da infraestrutura previamente concretada pola organización, e sempre cumprindo a lexislación sanitaria vixente.

 

Durante o período de preparación, a persoa responsable deberá explicar con detalle o proceso de creación, as materias primas e os obxectivos á hora de elaboralo; posteriormente, servirase ao xurado, que degustará a tapa e tomará as primeiras notas antes da deliberación final.

 

Nesta edición, e como colaboración dos establecementos participantes as tapas degustadas deberán ser ofrecidas gratuitamente.

 

 

5.3 CRITERIOS DE VALORACIÓN.Os criterios de valoración do xurado oficial serán os seguintes:

1. Elaboración da tapa, puntuarase de 0 a 10

2. Olor, textura e sabor, puntuarase de 0 a 10

3. Presentación, puntuarase de 0 a 5

4. Calidade do servizo, puntuarase de 0 a 5

5. Orixinalidade e creatividade, puntuarase de 0 a 5

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa

 

 

6-     PREMIOS DO PÚBLICO

 

6.1. A estes premios, ao igual que nas edicións anteriores, concorrerán todos os estabelecementos inscritos no Concurso.

 

·         Premio “Tapa do Público”: será a tapa máis votada polos clientes. Premio dotado con Diploma e placa.

·        Premio á “Mellor barra”: será a máis votada polos clientes e valorarase a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso), as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación) así como a experiencia global cos clientes. Premio dotado con Diploma e placa.

6.2. PREMIO DO PÚBLICO: Este premio será seleccionado polos clientes. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos establecementos participantes. O premio do público, será o que obteña a mellor puntuación. A mesma metodoloxía será a empregada para o PREMIO Á MELLOR BARRA.

 

Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.

 

7-     PREMIOS

 

OS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES DO CONCURSO, tanto na categoría de premios do xurado profesional coma do público, recibirán publicidade gratuíta ata a próxima edición 2020, onde se indicará que as súas tapas foron premiadas, na XIV Edición do Ribadeo de Tapeo que servirá para reforzar o evento no seu conxunto.

 

Para tal fin, elaborarase unha publicación que servirá como ferramenta promocional nas oficinas de turismo (do centro da vila e Punto de Información Turística de As Catedrais), feiras turísticas e demais eventos promocionais, ademais da pantalla informativa situada no Parque San Francisco da Vila e na páxina web de Turismo.

 

 

8-     TAPAS ESPECIAIS

 

Nesta convocatoria os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos.

Co obxecto de garantir e asesorar aos participantes na presentación e elaboración de tapas sen glute, a organización colaborará coa Asociación de Celíacos de Galicia que será quen revisará e asesorará aos establecementos interesados no manexo, recomendacións e na correcta elaboración da tapa sen glute.

 

 

9-      DIFUSIÓN

 

A celebración do concurso darase a coñecer nos medios de comunicación con campañas publicitarias, carteis e folletos, ademais da promoción online a través da web http://turismo.ribadeo.gal/tapeo e nas distintas plataformas de redes sociais de Facebook, Twitter e Instagram e a APP contratada ao efecto. Crearase un Hashtag #Ribadeodetapeo19 para a “difusión”, a través das redes sociais, do concurso, tapas e establecementos participantes.

 

10-   VANTAXES PARA OS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

 

Os establecementos participantes na XIV Edición do Ribadeo de Tapeo obterán os seguintes beneficios:

- A realización dunha reportaxe fotográfica das tapas presentadas ao concurso, destinado ao material promocional que se elaborará para a divulgación do mesmo.

- Promoción dos seus establecementos a través da promoción e difusión do propio concurso

 

 

 

 

A organización reserva para si o dereito a tomar decisións non reflectidas nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo.

 

*As comunicación cos estabelecementos serán preferente por correo electrónico

 

 

+ INFORMACIÓN

 

CONCELLO DE RIBADEO. ÁREA DE TURISMO

982128689

turismo@ribadeo.org

 

CONCELLO DE RIBADEO. ÁREA DE DESARROLLO LOCAL E COMERCIO

982 128 650

adl@ribadeo.org

 

FACEBOOK RIBADEO DE TAPEO

http://www.facebook.com/Ribadeodetapeo

 

FACEBOOK ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

http://www.facebook.com/ADLRibadeo

 

FACEBOOK ÁREA DE TURISMO

https://www.facebook.com/TurismodeRibadeo

 

TWITTER TURISMO

https://twitter.com/TurismoRibadeo