Ravioli de cocido galego
 
					
						Ravioli esférico feito con grelos e recheo de cocido galego cunha base de pataca e un aceite de chourizo, cacheira de porco salgado, grelos, chourizo, pataca, aceite de oliva.
Faise o cocido tradicional, cocendo o grelo aparte e despois coa axuda de papel filme facer un esférico con exterior con grelo e o recheo de cocido desfebrado. Por outro lado na auga do cocido cócensen patacas que despois se machucarán con AOVE. O chourizo desfébrase e confeitase en aceite de oliva. No fondo do prato collemos unha culler de pataca machucada, enriba o ravioli, previamente quentado ao vapor, e rematamos con chourizo confeitado en aceite.
	
Mañá 12.30 a 14.30h
Tarde 20.00 a 23.00h. 
 Domingos á noite e luns pechado
	
•	Tapa Ribadeo: si	
•	Celíacos: si	
•	Vexetarianos: non	
					


 
														 
									 			