Saborea As Pontes

As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
splash

Información del concurso

Saborea As Pontes 2017 - IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Bases que rexerán o IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes - Saborea As Pontes 2017

ANUNCIO

A concelleira-delegada especial da Área de Turismo Hostalería, Comercio e Emprego, ditou a resolución número 1262/2017, do 07 de setembro de 2017, que é do seguinte teor literal:

“RESOLUCIÓN

ANTECEDENTES:

Da conta do expediente que se tramita para a aprobación das bases que rexerán o “IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes”, “Saborea As Pontes 2017”.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS:

Considerando as facultades conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; o R.D.L. 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das dispisicións legais vixentes en materia de réxime local; o R.D. 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

POLO PRESENTE DECRETO RESOLVO:

1º Aprobar as bases que rexerán o “IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes” , “Saborea As Pontes 2017”, que de seguido se reflicte:

Bases do IX Concurso de Tapas Vila de As Pontes

1.- Datas: Do 13 ao 22 de outubro de 2017. O concurso dará comezo o día 13 a partir do horario establecido de tarde.

2.- Participantes: Poderán participar todos os establecementos hostaleiros como bares, cafeterías, restaurantes, mesóns etc. do ámbito municipal das Pontes.

3.- Inscrición: A inscrición será totalmente gratuita por parte dos establecementos hostaleiros que desexen participar.

- O prazo de inscrición estará aberto dende o día 11 de setembro ata o día 15 ambos os dous incluídos.

- A folla de inscrición debidamente cuberta presentarase no IPPEC, antes das 13:00 h do día 15 de setembro.

- O día 19 de setembro todos os inscritos deberán achegar a tapa ao segundo andar do mercado municipal de abastos de 16:00 h a 19:00 h. para facer unha exposición común e sacar as fotos correspondentes para a publicidade no manual e na aplicación.

- Todas as inscricións fóra de prazo, ou que non achegen a tapa o día 19 quedarán fóra do concurso.

4.- Cada establecemento poderá presentarse cunha única tapa que se servirá a un prezo de 1,50 €.

5.- Os establecementos participantes no concurso obríganse a manter a súa participación durante todos os días da promoción e no horario establecido, ofrecendo a tapa elexida para o concurso.

6.- PREMIOS AOS HOSTALEIROS: Todas as tapas presentadas optarán aos seguintes premios:

- Premio da Comisión Oficial de Valoración:

Premio: “ MELLOR TAPA PONTESA 2017”

- Premio do Xurado Popular:

Premio: “TAPA PONTESA MÁIS VALORADA POLO PÚBLICO 2017”

Os hostaleiros gañadores terán un agasallo adicional que consistirá nunha TABLET SANSUNG GALAXY TAB A T580 16 GB 10.1”

7.- Sistema de votación constará de dous xurados:

- Xurado da Comisión de Valoración Oficial, composto por 3 persoas será o encargado de dictaminar “A mellor tapa Pontesa 2016”:

- RUBEN CASTRO: Profesor Técnico Hostalaría da Escola de Pontedeume.

- SAMUEL PÉREZ: Profesor Técnico Titular hostalaría da Escola de Pontedeume. Xefe de sala do Restaurante Asador Casa Abelleira (Brión – Santiago)

- ANTONIO VARGAS: Xerente propietario Restaurante Casa Pilar (Coruña). Xerente Propietario Restaurante Casa Pilar (Santa Cristina)

- Xurado popular: Composto polo público en xeral, que desexe dar a súa valoración, para o que deberá cubrir axeitadamente o voto, unha vez selado por 8 establecementos participantes será o encargado de dictamninar “A tapa pontesa máis valorada polo público 2017”

- A Comisión de Valoración Oficial, visitará os establecementos participantes en calquera intre, sendo o seu fallo inapelable. Os membros deste xurado irán debidamente acreditados. Os custos da tapa e da consumición dos membros do xurado correrán a cargo de cada un dos establecementos participantes.

8.- O xurado popular:

- Os cupóns mal cubertos ou inintelixibles quedarán anulados tanto o voto emitido como a participación no sorteo do premio aos clientes.

- Os votos depositaranse nas urnas colocadas para tal efecto nos establecementos participantes antes das 24 horas do día 22 de outubro de 2017.

- Ao cubrir o cupón de voto-sorteo, cada participante outorga o seu consentimento á utilización dos seus datos polos establecementos participantes así como polas entidades organizadoras, sendo o Concello das Pontes a través do IPPEC e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, en calquera promoción relativa á hostalaría pontesa, así como calquera outra promoción ou publicitación. De acordo coa Lei orgánica 15/1999, os participantes poderán solicitar a eliminiación dos seus datos dirixíndose ao Instituto Pontés de Promoción Económica ( IPPEC).

9.- O horario de degustación será:

- Semana: de 19:30 h a 23.00 h

- Sábados e Domingos: de 12.00 h a 15.00 h // de 19:30 h a 23.00 h

10.- O venres día 12 de outubro de 08:00h a 14:00 h, cada establecemento recollerá o material necesario para o concurso, no IPPEC (antigas dependencias da Policia Local no propio Concello)

11.- O martes día 24 de outubro de 08:00 a 14:00 h procederase á entrega das urnas cos correspondentes votos por parte dos establecementos participantes no IPPEC (antigas dependencias da Policia Local no propio Concello)

Calquera urna manipulada, desprencitada ou presentada fora de prazo, quedará anulada do concurso, con todos os votos que conteña.

12.- O acto de clausura e ditame dos xurados, así como a entrega de premios terá lugar o xoves día 26 de outubro, ás 18.00 horas no primeiro andar do Mercado Municipal e Praza de Abastos do Concello de As Pontes, ao que deberán asistir todos os establecementos participantes.

13.- Os establecementos participantes quedan obrigados a acatar as bases do concurso. A organización resolverá calquera incidencia que poida xurdir durante o concurso, e terá plena potestade para a interpretación das presentes bases.

14.- PREMIOS AOS CLIENTES:

- Sortearánse entre todos os clientes participantes 9 premios de 200 € respectivamente, 6 premios terán que ser gastados nos establecementos hostaleiros que participen no concurso e os outros tres en calquera establecemento do comercio e da hostalaría pontesa antes do 31 de decembro do 2017. Para canxear ditos premios cóntase coa colaboración da Asociación COHEMPO.

- O sorteo celebraráse o mércores día 25 de outubro ás 12:00 h en presenza da AEDL do Concello e perante das cámara da RTV EUME.

- O sorteo consistirá na extracción de 9 papeletas que serán as premiadas, a continuación procederase á extracción doutras 9 papeletas por rigoroso orde que serán os suplentes para o caso de non aparecer os anteriores.

15.- As presentes bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia así coma no tablón de anuncios do IPPEC no Concello de As Pontes e no da Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes.

Do día 11 ao 15 de setembro: Inscrición Concurso de Tapas 2016.

Día 19 de setembro: Exposición da tapa no Mercado Municipal de Abastos.

Día 12 de outubro : Recollida de material promocional no IPPEC

Do día 13 ao 22de outubro: Aberto o concurso de Tapas.

Día 24 de outubro: Depósito das caixas cos votos no IPPEC.

Día 26 de outubro: Acto Clausura no Mercado Municipal de Abastos.

 

2º Publicar as bases no BOP e no taboleiro de anuncios do IPPEC do Concello de As Pontes.

As Pontes de García Rodríguez, 07 de setembro de 2017

A concelleira-delegada especial da Área de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego

Ana María Pena Purriños