Información del concurso
Información del concurso
Padrón acolle as VII Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón dende o venres 6 ao domingo 15 de outubro do 2017.
É unha iniciativa para a promoción e posta en valor da hostalería padronesa e a nosa gastronomía, que conta cunha grande calidade .
O público pode votar a súa tapa favorita nos ‘pasaporte’ do evento que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do evento presentes en todos os establecementos participantes.
Condicións de uso do Pasaporte
- É persoal e intransferible. Para que o Pasaporte sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan.
- O Pasaporte poderá recollerse nos seguintes puntos:
- Oficina de Turismo municipal de Padrón
- En calquera dos establecementos participantes
Premios para os usuarios do Pasaporte
As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:
* 1 vale de 100€ para consumicións no establecemento gañador.
* 3 vales de 50€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)
En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.
Sorteo especial
Todas aquelas tarxetas cubertas con 6 selos dos establecementos participantes entrarán no sorteo dun premio especial dunha das seguintes opcións a escoller: aloxamento dunha noite con almorzo para dúas persoas no hotel O Semáforo de Fisterra, con queimada e agasallo especial, ou unha experiencia turística a escoller entre diversas propostas existentes no sitio web www.planb.es.
O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘pasaportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.
Cada ‘pasaporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.
Bases del concurso
Bases do concurso
As VII Xornadas Gastronómicas Saborea Padrón é unha iniciativa de promoción e posta en valor da hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade. A iniciativa vai dirixida a promocionar este produto turístico de forma coordinada e ordenada, atendendo sempre a un obxectivo xeral e común que consiste en dar a coñecer Padrón como produto turístico global nos segmentos de mercado reais e potenciais, considerando dito destino turístico como posible instrumento de desenrolo económico, social e cultural.
Participación
Concursarán establecementos hostaleiros do termo municipal de Padrón, previa inscrición mediante modelo facilitado e depósito da cantidade estipulada en concepto de inscrición.
Deberase entregar na Oficina de Turismo a folla de inscrición cuberta polo establecemento e o xustificante de pago da cuota. No momento da inscrición débese indicar o nome da tapa coa que se participa e actividade que quere incluír.
Cada establecemento deberá elaborar unha tapa, pode ser de xeito tradicional ou creativo. As tapas deberán ser elaboradas con produtos de calidade da nosa terra, podendo tratarse de maneira tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias; sempre mantendo as materias primas da nosa gastronomía.
Premios
Confórmanse premios distribuídos nas categorías: ‘Establecementos’e ‘Público’.
Deberase completar correctamente a información persoal requirida no cupón de votación sen lugar a excepcións.
`Establecementos´
- Unha vez finalice o evento e en función do reconto dos votos recibidos, anunciarase o/a gañador/a á mellor tapa por parte do público, coa entrega:
· Dunha placa conmemorativa para o establecemento
· Diploma acreditativo.
· Participar cunha actividade no programa Saborea Padrón do ano seguinte
· Posibilidade de representar a Padrón noutros eventos gastronómicos que se celebren noutros concellos.
- Un xurado avaliará cal é a mellor tapa. Ao establecemento gañador se lle fará entrega dun trofeo,o cal, estará exposto no seu local durante o ano vixente. Unha vez pasado o ano, na celebración das seguintes xornadas, o establecemento gañador pasará o testigo e o trofeo, ao establecemento gañador da seguinte edición.
‘Público’
Premios para os usuarios do Pasaporte
As persoas que participen co seu voto na elección da mellor tapa participa simultaneamente no sorteo de diferentes vales:
* 1 vale de 100€ para consumicións no establecemento gañador.
* 3 vales de 50€ cada un para consumicións nun dos establecementos participantes (o vale non se fracciona)
En cada pasaporte deberá estar selado un mínimo de 3 locais participantes diferentes.
Sorteo especial
Todas aquelas tarxetas cubertas con 6 selos dos establecementos participantes entrarán no sorteo dun premio especial.
O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (‘pasaportes’ depositados nas urnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos.
Cada ‘pasaporte’ consta de casillas onde deberán de selar os establecementos onde se deguste a tapa e votar entre un e tres puntos a nota que se da á tapa consumida.
Temática: O Camiño de Santiago deberá ser o fío argumental en todas as tapas. Pode ser evocado ben a través dos propios ingredientes da mesma, ben na decoración ou forma de presentar o prato para a consumición.
Tapa infantil: De modo optativo, os locais participantes poderán ofrecer ademais unha tapa destinada a público infantil. De ser así, deberán comunicalo á organización no momento de efectuar a inscrición.
Fases do concurso
Duración do concurso: Durante os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro. Os establecementos inscritos deberán ter a disposición do público e en cantidade suficiente a tapa coa que participan. O prezo de cada tapa será de 2 € (bebida non incluída). A cada participante entregaráselle un folleto coas bases,e votación para que o público introduza os seus votos nunha urna precintada. O horario de tapeo establecerase dende as 13.00 ás 15.00 e de 20.30 ás 23.30 horas.
Entrega de Premios
Tanto o premio ao gañador/a, como os vales que se darán ao público, entregaranse no mesmo acto. A data a comunicará con tempo a organización.
Actividades
Todas as actividades que se desenvolven ao redor destas xornadas gastonómicas pódense ver en www.terrasdeiria.com/saboreapadron
Para máis información: Oficina de Turismo do Concello de Padrón no teléfono 646 593 319 ou mediante o enderezo electrónico: turismo@padron.gal