Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)
splash

Información del concurso

Todos os amantes da boa cociña poden gozar, dende o xoves 12 ao domingo 29 de novembro, das mellores tapas en Santiago de Compostela.

A cidade acolle o VIII Concurso Santiago(é)tapas, unha iniciativa que ten como fin promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.

Os produtos galegos de calidade, amparados polas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, cobran especial relevancia nos petiscos.

(o tapasporte)

Funcionalidades e Condicións de uso do Tapasporte

  • É persoal e intransferible. Para que o Tapasporte sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan.
  • O Tapasporte poderá recollerse nos seguintes puntos:

    1. Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63).
    2. Sede da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29-31)
    3. En calquera dos establecementos adheridos ao concurso SANTIAGO(é)TAPAS.
  • Para poder optar aos premios ou incentivos do Tapasporte, deberán estar selados todos os establecementos adheridos a unha ou máis (é)TAPAS ou rutas especificadas.
  • Serán (é)TAPAS ou rutas do Tapasporte aquelas configuradas por un mínimo de 6 establecementos relativamente próximos entre si. A organización do Concurso será a responsable de deseñar as rutas ou (é)TAPAS en función da distribución espacial dos establecementos participantes.
  • O período de vixencia do Tapasporte será o da duración do concurso: do 12 ao 29 de novembro de 2015.
  • O establecemento estará obrigado a selarlle o Tapasporte ao usuario, unha vez que o cliente consuma a tapa ou tapas realizadas para o Concurso e efectúe a votación correspondente para o Premio do Público.

Premios para os usuarios do Tapasporte

  • Os usuarios do Tapasporte que o presenten debidamente cumprimentado, e selado por todos os establecementos de 1 ou máis (é)TAPAS, terán dereito a un regalo seguro, progresivamente maior en función do número de (é)TAPAS completadas, ata finalización de stock.
  • Os usuarios do Tapasporte que o presenten debidamente cumprimentado, con todos os selos dos establecementos adheridos de TODAS AS (é)TAPAS ou rutas, obterán un premio especial.

A validación dos Tapasportes presentados realizarase na Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 19.00 horas todos os días, entre os días 12 de novembro e 2 de decembro (ambos inclusive).

Para conseguir os premios correspondentes a cada (é)TAPAS, deberá presentarse o Tapasporte unha vez concluída a (é)TAPAS correspondente. Non se poderán retirar os premios correspondentes ás (é)TAPAS anteriores se non se validou o Tapasporte no seu momento.

(o tapasporte express)

Coa finalidade de fomentar o uso do Tapasporte entre os visitantes e turistas que se atopen na cidade nas datas do Concurso, e que, debido á reducida duración da súa estadía na cidade, non teñen a oportunidade de completar as rutas, establécese o TAPASPORTE EXPRESS, que contará cun espazo específico dentro do Tapasporte oficial do Concurso.

Funcionalidades e Condicións de uso do Tapasporte Express

  • O Tapasporte Express poderá ser cumprimentado por visitantes ou turistas que se atopen aloxados en calquera establecemento hostaleiro da cidade, cunha pernoctación mínima de 1 día.

  • O Tapasporte Express poderá obterse:

    4. Nos establecementos hoteleiros pertencentes á Asociación Hostelería Compostela
  • Para que o Tapasporte Express teña validez deberá estar selado polo establecemento hostaleiro no que pernocten ou Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63). sempre que acrediten a pernoctación.

  • Para poder optar aos distintos agasallos, deberá presentarse debidamente cuberto na Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 19.00 horas, entre os días 12 de novembro e 2 de decembro (ambos inclusive).

  • O período de vixencia do Tapasporte Express será o da duración do Concurso: do 12 ao 29 de novembro de 2015.

Premios para os usuarios do Tapasporte Express

  • Os usuarios que cubran o Tapasporte Express con tantos selos de establecementos distintos como (é)TAPAS ou rutas teñas sido definidas pola Organización, e sempre que cada un dos establecementos pertenza a cada unha das rutas ou (é)TAPAS establecidas, terán dereito a un agasallo seguro ata finalización de stock.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

(bases de participación)

1. (presentación)

O Concurso SANTIAGO(é)TAPAS naceu o ano 2008 co fin de impulsar o turismo enogastronómico en Santiago de Compostela.

O VII Concurso de Tapas de Santiago de Compostela, celebrarase do 12 ao 29 de novembro de 2015

2. (inscricións no concurso | condicións de participación)

  1. Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalería establecidos no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

  2. Deberán inscribirse para tal fin, entre o 19 e o 30 de outubro, enviando a folla de inscrición por correo ou fax ou levándoa persoalmente á Oficina Técnica do Concurso

    Rúa República de El Salvador, 8 – 3º. 15701 Santiago de Compostela.
    correo-e: contratacion@trevisani.es | tel: 981 56 91 96 - 981 59 23 33 | fax: 981 59 11 71 |
    horario: 10.00 a 15.00 e 16.00 a 19.00 horas luns a xoves | venres de 10.00 a 15.00

    Xunto coa folla de inscrición entregarán tamén a/s ficha/s técnica/s, cumprimentada/s para cada unha das tapas presentadas.

  3. Cada establecemento poderá presentar ao concurso un máximo de 3 tapas.

  4. O prezo de venda ao público das tapas presentadas deberá ser de 2€ prezo único.

  5. Co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición 2015 fíxase como único requisito IMPRESCINDIBLE para a participación que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, polo menos 1 produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.

    Estes son os produtos que actualmente contan con D.O. ou I.X.P.

    CARNES

    • Lacón Gallego
    • Ternera Gallega

    PRODUTOS VEXETAIS

    • Castaña de Galicia
    • Faba de Lourenzá
    • Pataca de Galicia
    • Pemento de Herbón
    • Pemento do Couto
    • Grelos de Galicia
    • Pemento de Oimbra
    • Pemento de Arnoia

    QUEIXOS

    • Arzúa-Ulloa
    • Cebreiro
    • Queixo Tetilla
    • San Simón da Costa

    MAR

    • Mexillón de Galicia

    OUTROS

    • Mel de Galicia
    • Pan de Cea
    • Tarta de Santiago

    VIÑOS

    • Monterrei
    • Rías Baixas
    • Ribeira Sacra
    • Ribeiro
    • Valdeorras
    • Viños da terra

    AUGARDENTES E LICORES

    • Orujo / Augardente de Galicia
    • Augardente Herbas
    • Licor de Herbas
    • Licor Café
  6. Fase previa: a campaña SANTIAGO(é)TAPAS ten como un dos seus valores incentivar a cultura de tapas na cidade e fomentar a calidade das mesmas. Con este fin, antes do inicio do Concurso, un Equipo de Preselección analizará as receitas das tapas e degustará as tapas presentadas a Concurso.

    Este Equipo valorará que as propostas respondan ao concepto de tapa e non serán aceptadas aquelas que en realidade sexan “racións” ou “medias racións”, as que ao seu xuízo non ofrezan unha calidade mínima e aquelas cuxa relación calidade-prezo non sexa axeitada. Tampouco serán válidas para o concurso as tapas que habitualmente se sirvan de balde nos establecementos, aínda que se realizaran pequenas modificacións das mesmas.

    Este Equipo de Preselección analizará as receitas e degustará as tapas durante 2 días previos ao comezo do concurso (concretarase día e hora a cada participante unha vez formalizada a súa inscrición).

    A Organización comunicará aos establecementos a admisión ou non das tapas presentadas a Concurso. En caso de informe negativo, darase un prazo para presentar unha nova proposta ou ben a mellora da xa presentada. No caso de que non se cumprisen os requisitos mínimos, a tapa poderá ser excluída do Concurso.

  7. As tapas admitidas deberán figurar na oferta habitual do establecemento como mínimo durante os días de celebración do Concurso (do 12/11 ao 29/11), exceptuando os días oficiais de peche do establecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta. Pasado o Concurso, as tapas presentadas poderán seguir formando parte da oferta de cada establecemento.

  8. Os establecementos participantes servirán as tapas como mínimo entre as 13:00 e as 15:00 e entre as 20:30 e as 23:00 horas. Os establecementos poderán ampliar este horario, pero en ningún caso reducilo. Os establecementos que por algunha causa xustificada non poidan cumprir o horario establecido, deberán comunicarllo por escrito á Organización que, de ser o caso, autorizará por escrito as posibles variacións no horario oficial do Concurso.

  9. Os establecementos participantes, unha vez confirmada a admisión das tapas presentadas por parte da Organización, deberán aboar unha única cota de inscrición, sexan ou non socios da Asociación: 99,00 euros (IVE incluído)

    Formas de pagamento: a) en efectivo; b) por transferencia bancaria ao nº de conta de Abanca ES48-2080-0375-15-3040008707, indicando no concepto: Santiago(é)tapas + Nome do establecemento. Non se fará efectiva ningunha inscrición que non se acompañe do recibo do pagamento da cota.

  10. A Organización establece o número de locais participantes nun máximo de 60, inscritos por rigorosa orde de inscrición. No caso de que a demanda de participantes sexa moi elevada abrirase unha lista de espera, mantendo o mesmo criterio de orde de inscrición, e en previsión de que algún dos 60 primeiros inscritos non cumpra cos requisitos establecidos. A Organización resérvase o dereito a aumentar o nº de participantes final en función da demanda.

  11. Todos os establecementos participantes están obrigados a acudir á sesión fotográfica das tapas previa ao inicio do Concurso (lugar, data e hora por determinar). A Organización facilitará un fotógrafo para tal fin./p>

  12. Ademais, os establecementos participantes deberán:

    • Colaborar en todas as accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento.
    • Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo na súa ruta do Tapasporte (ver apartado 6 destas Bases), logo de consumires a tapa específica do concurso e ter votado.
    • Exhibir nun lugar visible do interior do establecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso SANTIAGO(é)TAPAS.*
    • Colocar, nun lugar visible e accesible, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa.*
    • Dentro do establecemento, indicar e diferenciar de maneira visible na súa oferta as tapas que participen no concurso.*
    • Dar un informe final e axudar na elaboración de informes parciais sobre o número de tapas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as futuras edicións do mesmo.

    * O establecemento que incumpra cada unha destas regras poderá ser sancionado polo xurado con ata 0,5 puntos menos por cada regra incumprida.

  13. O incumprimento dalgunha das normas aquí establecidas é motivo de expulsión do concurso.

3. (premios do concurso)

PREMIOS DO XURADO OFICIAL

Entre todas as tapas presentadas a concurso, o Xurado elixirá unha única tapa gañadora:

PREMIO DO XURADO Á MELLOR TAPA 2015

á mellor das tapas presentadas a concurso.

Premio dotado con Diploma + 500 euros

PREMIOS DO PÚBLICO

O público participante emitirá os seus votos nos establecementos participantes, a razón dun único voto por tapa consumida, e outorgaranse mediante votación popular os seguintes premios:

PREMIOS “TAPA DO PÚBLICO 15”

ás dúas tapas máis votadas polos clientes dos establecementos participantes.

  • Primeiro Premio “Tapa do Público’15” Premio dotado con Diploma + 1.000 euros
  • Segundo Premio “Tapa do Público’15” Premio dotado con Diploma + 800 euros
  • Segundo Premio “Tapa do Público’15” Premio dotado con Diploma + 500 euros

Entre todas as tapas presentadas a concurso, o Xurado elixirá unha única tapa gañadora:

PREMIO DO PÚBLICO “(É)XCELENTE 15”

Ao establecemento máis valorado polos clientes, tendo en conta o servizo (profesionalidade, rapidez, amabilidade, información facilitada da tapa/concurso), as instalacións (aparencia/orde, limpeza, conservación) e a experiencia global dos clientes.

Premio dotado con Diploma + 500 euros

*A Organización resérvase a posibilidade de modificar a denominación dos premios.

4. (funcionamento do concurso)

  1. O concurso celebrarase do 12 ao 29 de novembro de 2015 (2 semanas, 18 días, 3 fins de semana).

  2. Durante os primeiros días de celebración do concurso, os membros do Xurado de Preselección visitarán todos os estabelecementos participantes e degustarán as tapas presentadas. Nesta primeira fase seleccionaranse 8 tapas finalistas, das que sairá o premio do xurado á mellor tapa 2015.

  3. Durante os últimos días, os membros do Xurado Finalista visitarán de novo os establecementos finalistas e degustarán as tapas que superaran a primeira valoración. Nesta segunda fase escollerase a tapas gañadora.

  4. Os premios outorgados polo público serán entregados a aquela tapa e establecemento escollidos por votación popular. Gañarán estes galardóns as tapas (1º, 2º e 3ª Premios “Tapa do Público 15”) e o establecemento (Premio do Público “(é)xcelente 15”) máis votados polos consumidores.

  5. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos establecementos participantes. Os cupóns de votación serán os pousavasos oficiais do concurso que se distribuirán para a ocasión. Os consumidores poderán valorar entre 0 e 5 a tapa degustada, puntuación media da que resultarán os gañadores dos Premios á “Tapa do Público 15” , e por outra parte, valorar de 0 a 5 o servizo, as instalacións e a experiencia global, puntuación media da que resultará o Premio “(é)xcelente 15” (o resultado final dependerá da media dos tres apartados*).

  6. En cada establecemento só se poderán votar as tapas consumidas no mesmo e o servizo/instalacións/experiencia no mesmo, en ningún caso as tapas nin o servizo/instalacións/experiencia doutro establecemento, e a razón dun único voto por tapa consumida. Os votos que non cumpran estas regras serán anulados.

  7. Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.

  8. O prazo de votación dará comezo o día 12 de novembro e rematará o día 29 do mesmo mes de novembro, coincidindo coas datas de inicio e final do Concurso.

5. (xurado oficial do concurso)

  1. O Xurado Oficial (Semifinalista e Finalista) valorará as tapas en función dos criterios de puntuación propostos pola Organización para cada un dos premios establecidos. A puntuación final obterase como resultado da media da suma dos puntos obtidos de cada un dos membros. O xurado estará coordinado por un secretario/a que velará pola unanimidade nos criterios de valoración e selección. O xurado terá en conta non só a elaboración e sabor das tapas presentadas, senón tamén a súa presentación e a calidade do servizo. Así mesmo, o xurado poderá sancionar con ata 0,5 puntos a aquel establecemento que non cumpra coas indicacións da Organización no tocante á colocación dos elementos de comunicación do concurso.

  2. O xurado estará composto por persoas do ámbito da hostalaría, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais e entidades relacionadas coa promoción enogastronómica, de xeito que se garanta un veredicto que redunde na excelencia e credibilidade do concurso.
    Poderán incorporarse a este xurado persoas anónimas que serán elixidas mediante unha acción de comunicación a través das redes sociais (Facebook, Twitter).

  3. Seguindo os criterios da organización, o xurado oficial diferenciarase de dous xeitos:

    1. Un Xurado Semifinalista: será o encargado de facer a selección das tapas finalistas.
    2. Un Xurado Finalista: será o xurado final que decida os premiados en cada categoría.
  4. CRITERIOS DE VALORACIÓN DO XURADO

    Os criterios de valoración do xurado oficial (tanto o Xurado Semifinalista como o Xurado Finalista), serán os seguintes:

    1. Elaboración da tapa, puntuarase de 0 a 5 puntos.
    2. Sabor, puntuarase de 0 a 5 puntos.
    3. Presentación, puntuarase de 0 a 5 puntos.
    4. Relación calidade-prezo, puntuarase de 0 a 5 puntos.
    5. Calidade do servizo e a súa rapidez, puntuarase de 0 a 5 puntos.
    6. Emprego de produtos de Galicia, puntuarase de 0 a 5 puntos.

    Entre todos os criterios a valorar, os que terán máis peso na puntuación final serán “Elaboración da tapa” e “Sabor”. Sumados todo os puntos, eliminarase a puntuación do xuíz que fixera unha valoración máis alta e a do xuíz que fixera a valoración máis baixa e farase a media aritmética das puntuacións restantes.

  5. Como metodoloxía, o xurado NON avisará aos establecementos participantes da súa presenza, co obxecto de valorar as tapas coa maior transparencia. Iso significa que pagarán as súas tapas como calquera cliente para pasar o máis desapercibidos posible.

  6. Queda á decisión da Organización como organizar estas visitas, que poderán ser individuais, en grupo ou equipos co obxecto de que se visiten todos e cada un dos establecementos.

  7. FALLO DO XURADO

    O fallo do xurado darase a coñecer unha vez finalizado o concurso (data, lugar e hora por determinar) e será inapelable.

6. (o tapasporte)

Funcionalidades e Condicións de uso do Tapasporte

  • É persoal e intransferible. Para que o Tapasporte sexa válido deberán cubrirse todos os datos persoais que se solicitan.
  • O Tapasporte poderá recollerse nos seguintes puntos:

    1. Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63).
    2. Sede da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29-31)
    3. En calquera dos establecementos adheridos ao concurso SANTIAGO(é)TAPAS.
  • Para poder optar aos premios ou incentivos do Tapasporte, deberán estar selados todos os establecementos adheridos a unha ou máis (é)TAPAS ou rutas especificadas.
  • Serán (é)TAPAS ou rutas do Tapasporte aquelas configuradas por un mínimo de 6 establecementos relativamente próximos entre si. A organización do Concurso será a responsable de deseñar as rutas ou (é)TAPAS en función da distribución espacial dos establecementos participantes.
  • O período de vixencia do Tapasporte será o da duración do concurso: do 12 ao 29 de novembro de 2015.
  • O establecemento estará obrigado a selarlle o Tapasporte ao usuario, unha vez que o cliente consuma a tapa ou tapas realizadas para o Concurso e efectúe a votación correspondente para o Premio do Público.

Premios para os usuarios do Tapasporte

  • Os usuarios do Tapasporte que o presenten debidamente cumprimentado, e selado por todos os establecementos de 1 ou máis (é)TAPAS, terán dereito a un regalo seguro, progresivamente maior en función do número de (é)TAPAS completadas, ata finalización de stock.
  • Os usuarios do Tapasporte que o presenten debidamente cumprimentado, con todos os selos dos establecementos adheridos de TODAS AS (é)TAPAS ou rutas, obterán un premio especial.

A validación dos Tapasportes presentados realizarase na Oficina de Santiago(é)tapas, sita na Oficina de información turística municipal de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) de 12.00 a 15.00 e de 17.00 a 19.00 horas todos os días, entre os días 12 de novembro e 2 de decembro (ambos inclusive).

Para conseguir os premios correspondentes a cada (é)TAPAS, deberá presentarse o Tapasporte unha vez concluída a (é)TAPAS correspondente. Non se poderán retirar os premios correspondentes ás (é)TAPAS anteriores se non se validou o Tapasporte no seu momento.

7. (o tapasporte express)