Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Boliño de gulas cun bico de San Simón da Costa

tapa

(é)tapa 1 Praza do Obradoiro (patrocinado por Grupo Reboreda Morgadío)
INGREDIENTES

1 boliño de pan
40 g de gulas
Reladura de Queixo San Simón da Costa
Gambas peladas
Pirixel
Allo
Sal
Aceite

ELABORACIÓN

Frixir as gulas co allo, o sal e as gambas nun chisco de aceite.
Abrir o boliño, quitar o miolo e reencher coas gulas, unha vez cociñadas.
Raiar o queixo e botar por riba.

Rematar botando un chisco de pirixel.