Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Castaña e xamón

tapa

(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Celíacos
INGREDIENTES

50 gramos de Castaña de Galicia
1/8 alloporro
¼ cebola pequena
175 gramos de caldo de xamón
1 culler de aceite de oliva virxe extra
20 gramos de xamón en tacos
1 castaña
½ culler ceboliño picado
1 culler de pementa negra e tomiño

ELABORACIÓN

Nunha pota con aceite de oliva, rustrir a cebola e porro con un pouco de sal; cando estean case transparentes, engadir as castañas peladas e partidas. Despois poñer sal, pementa, tomiño e, logo, o caldo de xamón. Deixar que ferva e cando estean cocidas as castañas, triturar todo, ata ter unha crema lixeira. Servir cunhas folliñas de castaña pasada pola tixola, xunto co xamón en anacos e o ceboliño picado.