Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Chupachús de poldro galego con sementes de lino, pataca reixa e ameixas salvaxes

tapa

(é)tapa 3 Praza de Galicia (patrocinada por Pousadoiro)
INGREDIENTES
250 g. de Patacas de Galicia
400 g. de carne
3 ovos
80 g. de queixo
29 g. de sementes de lino
80 g. de fariña
80 g. de pan
30 g. de especias variadas
120 g. de ameixas silvestres
1 dl. de prebe do xefe

ELABORACIÓN
Cortar as patacas e frixir a 180 graos.
Cortar a carne cun coitelo coma se fose para tartar. Condimentar e agregar queixo, pan, fariña e ovo. Facer bolas e dourar en aceite. Antes de frixir, pasar por pan relado e ovo con sementes de lino.
Facer as ameixas en salsa do xefe.