Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Croquetas de arroz con leite, crema de Castaña de Galicia e chocolate

tapa

(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Vexetarianos - Tapa doce
INGREDIENTES
58 g de leite enteiro
37 g de nata de montar
18 g de azucre
9 g de fariña de millo
6 g de manteiga
18 g de azucre
19 g de arroz
Herba luísa, canela, pel de laranxa
Pan relado, sal, fariña de plátano
Crema de Castaña de Galicia
Crema de chocolate

ELABORACIÓN
Arrancar dende frío o leite, a nata, sal, herba luísa, canela, laranxa e arroz. Coar 30 minutos e engadir o resto do leite con fariña de maínzo. Cocer 5-10 minutos máis ata espesar, xunto coa manteiga e o azucre. Estirar e arrefriar.
Ao día seguinte, pasar pola fariña de plátano, ovo e pan relado e fritir en aceite quente brevemente.
Empratamos unha croqueta con varios puntiños de crema de castañas e crema de chocolate e unhas follas de herba luisa.


Llévalo en tu móvil