Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Láminas de lagostinos reenchidas de cogomelos

tapa

(é)tapa 3 Praza de Galicia (patrocinada por Pousadoiro)
INGREDIENTES

2 lagostinos
50 g de Queixo de Tetilla
35 g de nata
50 g de cogomelos
Allo
Sal
Pementa
Ourego
Polbo

ELABORACIÓN
Esmagar os lagostinos un a un ata convertelos en láminas moi finas.
Poñer a reducir a nata. Cando comece a espesar, incorporar o queixo de Tetilla e deixar ata lograr unha salsa espesa.
Saltear os cogomelos picados con allo, sal e pementa.
Nun prato, colocar a lámina de lagostino e cubrir cun pouco de cogomelo.
Colocar outra lámina enriba e tapar coa salsa de queixo.
Meter no forno a 200º ata dourar.
Presentar cun pouco de ourego.