Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Leva lume

tapa

(é)tapa 5 Camiño Francés (patrocinado por Finca Viñoa)

INGREDIENTES
1 xouba
25 g. de pan de sementes
10 g. de touciño entrefebrado de Porco Celta
20 g. de queixo San Simón da Costa
20 ml. de nata
2 g. de wasabi
½ g. de agar agar
20 ml. de soia
Aromáticos (lima, tomiño, yuzu, laranxa)
20 ml. de auga

ELABORACIÓN
Deslombar a xouba. Poñela a curar en sal durante 5 minutos. Mariñar despois nunha mestura de soia, auga e aromáticos.
Aparte, tostar o pan e cortalo en datos para despois saltealo co touciño entrefebrado. Nun cazo, poñer a nata e o queixo a fundir, e despois emulsionar con agar-agar.
Empratar e acompañar con tomiño, wasabi e reladura de lima fresca.