Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Mont Blanc de Castaña de Galicia

tapa

(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Vexetarianos-Tapa doce
INGREDIENTES

20 g de Castaña de Galicia en almibre
20 g de nata montada
1 xelatina
10 g de cobertura 56
10 g de brownie roto
10 g de Licor Café de Galicia
1 g de xelatina
Merengue seco
Xelatina de Mel de Galicia


ELABORACIÓN

Mousse de castaña: Moer as castañas cunha cullerada de almibre tpt, quentar a mestura e disolver a xelatina. Arrefriar e mesturar coa nata montada.
Xelatina de café: Disolver a xelatina en licor café quente, arrefriar e cortar en dados.
Láminas de chocolate: derreter a cobertura e estirar. Unha vez fría, romper.
Merengue seco: montar as claras con azucre e secar a 40º no forno. Unha vez seco, moer.

Montaxe: Colocar o brownie roto, enriba a mousse de castaña e sobre esta as lascas de chocolate. Empoar co merengue seco e guarnecer coas xelatinas de café.