Ovo baixa cocción con soia fermentada e crema de níscaros
(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Vexetarianos
INGREDIENTES
1 ovo
1 cullerada de café de soia fermentada
Níscaros
Crema de leite
Sal
Pementa
Grelos de Galicia deshidratados
ELABORACIÓN
Cocer o ovo no forno de convección a 65º 100% vapor durante 45 minutos.
Para a crema de níscaros: fondear porro e manteiga, refogar os níscaros, deixar cocer, engadir a crema de leite e pasar polo robot de cocina ata ter una textura de crema. Non salgar ata o final.
Montaxe do prato nunha cunca. Colocar unha cullerada de soia fermentada e enriba o ovo. Cubrir coa crema de níscaros quente ata a metade do ovo.