Panna Cotta de Castaña de Galicia e chocolate
(é)tapa 2 Praza de Cervantes (patrocinada por Pazo do mar)
Celíacos-Vexetarianos-Tapa doce
INGREDIENTES
80 mg de nata
80 mg de leite
40 g de azucre
20 g de puré de Castaña de Galicia
2 g de xelatina
10 g de cacao
ELABORACIÓN
Nunha pota quentar a nata, o leite, o azucre e o puré de castaña, remexendo ben.
Poñer as follas de xelatina en auga fría a remollo. Cando a nata ferva, apagar o lume e seguir a remexela uns minutos. Logo engadir a xelatina e xuntar ben todo.
Facer o mesmo para a panna cotta de chocolate, sustituíndo o puré de castañas polo cacao.
No vaso onde se serve o doce, poñer primeiro a panna cotta e despois a de castaña.