Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Polbo da ría sobre grolo de Pataca de Galicia e cremoso de queixo San Simón da Costa

tapa

(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)

Celíacos

INGREDIENTES

50 g. de polbo galego
100 g. de Pataca de Galicia
20 g. de leite
20 g. de Queixo San Simón da Costa
1 g. de sal
10 ml. de aceite de oliva virxe
0,1 g. de pemento
0,5 g. de xelatina neutra

ELABORACIÓN

Cocer o polbo estilo á feira.
Baleirar as patacas e darlles forma cilíndrica. Cocelas ao vapor facer un puré cos recortes.
Quentar o leite e engadir a xelatina e o queixo San Simón relado. Meter en sifón e manter morno.
Cortar o polbo en toros e reencher a pataca con seu propio puré. Colocar enriba do polbo e quentar todo ao vapor.
Empratar aliñando á feira, con pemento, sal y aceite.
Engadir ao lado o cremoso de San Simón.