Taco de bacallau de Frai Juan de Zumárraga
(é)tapa 1 Praza do Obradoiro (patrocinado por Grupo Reboreda Morgadío)
INGREDIENTES
350 g de bacallau
600 g de pemento vermello
700 g de Pataca de Galicia
350 g de cebola
3 ovos
100 g de fariña
5 dl de aceite
2 dl de viño branco
10 g de allo
10 g de sal-pementa
ELABORACIÓN
Rebozar e fritir o bacallau.
Facer as patacas á panadeira.
Asar os pementos ó forno.
Empratado: colocar no fondo do prato as patacas e enriba unha tira de pemento asado e bacallau frito.