Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

Un paseo por Galicia

tapa

(é)tapa 1 Praza do Obradoiro (patrocinado por Grupo Reboreda Morgadío)
INGREDIENTES

40 g de costelar de porco galego
10 g pan de froitos secos e mel
15 g de codium das nosas costas
15 ml de viño Albariño Rías Baixas
10 ml de viño Mencía Ribeira Sacra
15 g de fariña de améndoa
10 g de manteiga queinaga
20 g de ovos
10 g de Castañas de Galicia
10 g de Requeixo de As Neves

ELABORACIÓN

Realizar una xelatina suave de Albariño, limpar e cortar o Codium.
Envasar o costelar de porco, adobar con viño Mencía, mel da Anta, whisky, manteiga e asar a baixa temperatura durante 12 horas a 68º e quitar o oso da costela, cortar e reservar, poñer a punto a salsa resultante da elaboración do costelar. Cortar unha rebanda pequena de pan de froitos secos e mel e torrar un chisco na grella para lograr acaramelar o mel.

Facer unha bica ca receita das oblatas, a base de ovo, manteiga de porco, azucre e fariña de améndoa, por outra banda realizar unha mousse de requeixo de As Neves con noces e castañas.