Vai de Tapas

Noia (A Coruña)
splash

Información del concurso

VAI DE TAPAS NOIA 2015

15 Establecementos

25 tapas

O mellor berberecho¡¡

11, 12 e 13 de decembro

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

BASES CONCURSO

1. Vai de TAPAS é unha campaña de dinamización hostaleira organizada pola Asociación Noia Histórica coa colaboración de distintas entidades, empresas e administracións que se celebrará en Noia os días 11, 12 e 13 de decembro de 2.015. O obxectivo é incentivar a cultura das tapas na vila e ofrecer, dun xeito vangardista, o producto estrela da nosa ría, o berberecho.

2. Durante ese fin de semana quince establecementos de Noia terán a disposición dos clientes, nun horario determinado, tapas especiais elaboradas con berberecho. As tapas cobraranse ao prezo de 1,50 €.

3. Ademais de estar integrados na RUTA DE TAPAS, os establecementos participarán nun CONCURSO DE TAPAS, poñendo a disposición dos clientes os RUTEIROS DE VOTACION, a URNA e os SELOS.

4. Para participar no concurso e optar aos premios os clientes terán que ter alomenos 3 selos de 3 establecementos diferentes cas súas tapas valoradas, votando tapa 1 ou tapa 2 no seu caso. A valoración será entre 1 e 3, de menor a maior calificación.

5. Obterán premio aqueles 3 establecementos que máis votos consigan de media por cada tapa. Os premios poderán concorrer no mesmo establecemento no caso de que sexan mellor valoradas as súas dúas tapas.

6. Os clientes serán o xurado deste concurso e participarán no sorteo de  5 vales de compra de 30 € para hostalería, e varios premios aportados por Gadisa. O sorteo realizarase de xeito aleatorio entre todos os ruteiros recollidos que cumpran cos requisitos. Os ruteiros deberán vir cubertos co nome, apelidos e teléfono do cliente para súa identificación e localización.

7. O sorteo realizarase o mércores día 16 de decembro as 13 horas. A relación de establecementos e de clientes gañadores farase pública o venres día 18 de decembro de 2.015 a través dos medios de comunicación, da páxina web e facebook. A organización poñerase en contacto telefónico cos clientes agraciados indicando data e hora para recoller o premio.

8. A mera participación no concurso supón a aceptación plena das bases así como a autorización á entidade organizadora para a utilización dos datos dos gañadores e da súa imaxe para os fins propios desta e outras promocións da empresa organizadora. Estes datos de caracter persoal están suxetos á LOPD polo que poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que outorga a lei.

 

9. A organización resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases así como a suspender o concurso/sorteo por causa de forza maior sen incurrir en ningún tipo de responsabilidade.